A Xestora do PP de Verín propón por unanimidade a Víctor Baladrón como candidato á alcaldía nas eleccións municipais de 2027

Ademais da proposta, que deberán ratificar os órganos do partido, os populares dan a benvida aos novos concelleiros do grupo municipal

Celebran unha reunión extraordinaria para dar conta da súa actividade e marcar os obxectivos dos próximos meses, co foco posto no desenvolvemento do seu proxecto e preparados para rematar coa mala xestión do bipartito PSOE e BNG, co alcalde condenado polo TSXG

31, agosto, 2026

O PP de Verín vén de celebrar unha reunión extraordinaria da Xunta Xestora, presidida por Luisa Valladares, para dar conta a todos os integrantes dos cambios realizados no partido e facer repaso da actividade dos últimos meses, así como para marcar os obxectivos de cara aos vindeiros meses. Entre os puntos da orde do día, acordouse por unanimidade elevar aos órganos do partido a proposta de Víctor Baladrón como candidato á alcaldía nas eleccións municipais de 2027.

A Xestora valora a experiencia do deputado autonómico e vicepresidente da Xestora, quen foi concelleiro de Goberno e tamén na oposición, ao que se suma a súa traxectoria como parlamentario dende as eleccións autonómicas no 2024 e o seu traballo diario dentro do Partido Popular de Verín. Víctor Baladrón agradeceu a confianza dos populares verineses e asegurou que quere “traballar por e para Verín, percorrer cada recuncho da vila e das parroquias e, o máis importante, facelo en equipo”. Fíxoo ante a presidenta do PP local, Luisa Valladares, o vicepresidente, Manuel Pardo, a secretaria, Paloma Esteban, e o resto de membros da agrupación.

Por iso, Valladares sinalou que “é momento de centrar todos os nosos esforzos neste proxecto, algo que xa vimos facendo neste tempo atrás, pero agora, se cabe, con máis forza para seguir avanzando por recuperar o esplendor que Verín merece”. “Entre todos, e con Víctor Baladrón como candidato seguiremos escoitando á veciñanza, facendo oposición e esixindo ao Goberno local que cumpra con Verín, ademais de propoñer iniciativas e buscar alternativas para o que non funciona”.

De feito, a Xunta xestora segue medrando e na reunión quedaron ratificadas a incorporación dunha vintena de novos membros. “As portas do Partido Popular de Verín están abertas a todo aquel que queira traballar por unha alternativa real no municipio”, enfatizou Valladares, facendo fincapé en que a mestura de “persoas con experiencia e veteranas con mozos e novas incorporacións con moito que aportar é a mellor fórmula para acadar os nosos obxectivos”.

Os novos concelleiros

Máis alá de dar conta da actividade do partido nestes meses, os populares verineses tamén deron a benvida -coincidindo co inicio do curso político- aos novos concelleiros do grupo popular no Concello. Pendentes da incorporación oficial á Corporación municipal, Bernardo Rodríguez, Tamara Velázquez, Benito Quiñones e Celestino Cid amosaron na reunión a súa ilusión e compromiso por aportar o seu gran de area ao proxecto do Partido Popular, agradecendo a confianza depositada neles.

Coa estrutura interna do partido conformada, o PP de Verín disponse a seguir reforzando o seu labor para mellorar a calidade de vida de todos os cidadáns. “Contamos cun proxecto, contamos cun equipo forte e unido e contamos con motivación para ser a alternativa que a nosa localidade precisa”, destacou Luisa Valladares, quen enumerou aquelas áreas nas que se debe poñer o foco pola mala xestión -e falta dela- do bipartito PSOE e BNG.

“Estamos ante un goberno que lonxe de mellorar a vida da veciñanza, só fai prexudicalos”, dixo a presidenta local. “Xa está ben de que teñamos que pagar máis polos servizos municipais e que sexan peores, que a xente moza non teña alternativas de emprego nin de ocio e cultura, ou que os provedores teñan que esperar anos para cobrar os seus servizos”, sinalou sobre algunhas cuestións que preocupan aos populares. Así mesmo, recordou que estamos gobernados por unha persoa condenada, algo que dá “para reflexionar, porque o PSdeG debería facer máis autocrítica: como mantén en activo a unha persoa condenada polo  Tribunal Superior de Xustiza de Galicia?”

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.