Antonio Iglesias revalida a presidencia do PP de Lobeira, como “garantía de estabilidade política e compromiso”

O presidente provincial agradeceu ao tamén alcalde que asuma, unha vez máis, “o reto de ser a voz do Partido Popular en Lobeira”, unha agrupación que cualificou como “peza fundamental da maquinaria que estamos a poñer a punto para seguir colleitando os mellores resultados electorais”

A responsabilidade que asume de novo, dixo Antonio Iglesias, “non vai de personalismos”, senón de “facer equipo, estar unidos, ser fortes e transmitir ilusión”

13, abril, 2026

Antonio Iglesias Álvarez revalidou a presidencia do Partido Popular de Lobeira no congreso celebrado pola agrupación local da formación, en cuxa clausura o líder dos populares ourensáns, Luis Menor, afirmou que o tamén alcalde é “toda unha garantía de estabilidade política e compromiso”.

Luis Menor agradeceu a Antonio Iglesias que asuma, unha vez máis, “o reto de ser a voz do Partido Popular en Lobeira”, unha agrupación local que cualificou como “peza fundamental da maquinaria que estamos a poñer a punto para seguir colleitando os mellores resultados electorais”.

Para o presidente provincial, co traballo de Iglesias e dos afiliados e simpatizantes do PP en Lobeira “ides conseguir que sexamos aínda máis fortes, por iso sodes tan importantes para o proxecto do Partido Popular”.

No congreso popular de Lobeira, Antonio Iglesias estivo tamén arroupado pola secretaria xeral do PPdeOU, Sandra Quintas; alcaldes e portavoces populares da Baixa Limia e Terras de Celanova, así como polo presidente do comité de Relacións Institucionais e Interparlamentarias do PP de Ourense, Miguel Santalices.

O xa presidente local agradeceu entre tanto o apoio dos seus afiliados, así como a presenza de moitas veciñas e veciños, destacando a confianza que, unha vez, deposita na súa persoa o partido.

A responsabilidade que revalida, dixo, “non vai de personalismos”. Iglesias subliñou que se trata de “facer equipo, estar unidos, ser fortes e transmitir ilusión”. Valores que, en conxunto, servirán, engadiu, para as próximas chamadas ás urnas de 2027.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.