O PP da cidade de Ourense escoita ás persoas maiores para dar resposta as súas necesidades reais

O foro “Vivir máis. Vivir mellor! Lonxevidade e calidade de vida” contou coa participación da presidenta da Xestora Local do PP de Ourense, Ana Méndez, xunto con dous ponentes especializados e unha charla–coloquio aberta á participación do público

Ana Méndez destacou a importancia de crear espazos de escoita activa para coñecer de primeira man as necesidades, preocupacións e propostas das persoas maiores, subliñando que a política debe comezar sempre por estar preto da xente

Neste senso subliñou tamén a vontade do PP de contar con toda a cidadanía para construír un modelo de cidade pensado para todos. “Queremos unha cidade na que toda a cidadanía se sinta representada e poida sentir Ourense como o seu fogar”, afirmou a presidenta da Xestora Local

24, xaneiro, 2026

O Partido Popular da cidade de Ourense celebrou este venres no Centro Cultural Marcos Valcárcel o foro “Vivir máis. Vivir mellor! Lonxevidade e calidade de vida”, unha xornada de reflexión e diálogo centrada en escoitar, atender e dar resposta ás necesidades reais das persoas maiores, nun contexto no que a lonxevidade supón un dos grandes retos sociais do presente e do futuro.

O encontro contou coa participación da presidenta da Xestora Local do PP de Ourense, Ana Méndez, xunto con dous ponentes especializados e unha charla–coloquio aberta á participación do público.  Méndez destacou a importancia de crear espazos de escoita activa para coñecer de primeira man as necesidades, preocupacións e propostas das persoas maiores, subliñando que a política debe comezar sempre por estar preto da xente.

“Este foro é só o primeiro paso dun camiño que o Partido Popular quere seguir percorrendo da man das persoas maiores”, sinalou a presidenta da Xestora Local. Neste senso subliñou tamén a vontade do partido de contar con toda a cidadanía para construír un modelo de cidade pensado para todos, no que as persoas maiores se sintan acompañadas e valoradas, e no que tamén os máis novos atopen oportunidades e futuro. “Queremos unha cidade na que, desde o máis maior ao máis novo, se sintan representados e poidan sentir Ourense como o seu fogar”, afirmou.

A primeira das ponencias correu a cargo do doutor Manuel Seco, médico internista xubilado, quen abordou o concepto de envellecemento activo, poñendo o acento na prevención, nos hábitos de vida saudables e na importancia de manter a autonomía persoal e a saúde ao longo dos anos como elementos clave para unha boa calidade de vida.

A continuación, Fernando Jerez, arquitecto e profesor universitario en Australia, centrou a súa ponencia en novos modelos de fogar para persoas maiores, analizando alternativas adaptadas ás distintas etapas do envellecemento, que favorezan a independencia e a convivencia, e que dean resposta ás novas necesidades sociais e demográficas.

A xornada completouse cunha charla–coloquio baixo o título “Entendendo as necesidades da xente maior”, na que se promoveu a participación activa do público asistente e se puxo en valor a importancia de escoitar ás persoas maiores para deseñar políticas e iniciativas útiles, realistas e centradas no benestar.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.