O PP denuncia o bloqueo de PSOE e DO ao transporte aos polígonos industriais e acúsaos de demagoxia ao rexeitar unha proposta que busca dar resposta a unha demanda histórica do tecido empresarial e dos traballadores

A vicepresidenta do PPdeOU e vicepresidenta primeira do goberno provincial, Marta Nóvoa, critica que PSOE e DO traten de enganar a cidadanía con mentiras, dicindo que con esta proposta a veciñanza quedará relegada a un segundo plano

Novoa subliña que a moción mantén as oito liñas planificadas e fixa un proxecto piloto de 12 meses para avaliar a demanda real antes de asumir custos desorbitados, “un traballo compatible co xa realizado na propia Comisión do Transporte Metropolitano e que só pretende avanzar nesta demanda tan necesaria na nosa provincia”

Os populares critican o pretendido “sablazo” do Concello de Ourense, que pretende gastar 2 millóns de euros por ampliacións das liñas nun percorrido de 3 a 5 km, cando o contrato total do transporte urbano ronda os 7 millóns

25, setembro, 2026

O Grupo Provincial do Partido Popular de Ourense lamenta a nova alianza entre o PSOE de Ourense e Democracia Ourensana (DO) para votar en contra do proxecto piloto de transporte público dirixido ás áreas empresariais e polígonos industriais da contorna da cidade que propoñía o GPP, a través dunha moción debatida no Pleno da Deputación celebrado hoxe. Unha proposta que tiña como obxectivo dar resposta a unha demanda histórica do tecido empresarial e dos traballadores, adaptando os horarios e frecuencias ás quendas laborais reais.

A vicepresidenta do PPdeOU e vicepresidenta primeira do goberno provincial, Marta Nóvoa, critica que PSOE e DO traten de enganar a cidadanía con mentiras, dicindo que con esta proposta a veciñanza quedará relegada a un segundo plano.

Subliña que a moción mantén as oito liñas planificadas e fixa un proxecto piloto de 12 meses para avaliar a demanda real antes de asumir custos desorbitados, “un traballo compatible co xa realizado na propia Comisión do Transporte Metropolitano e que só pretende avanzar nesta demanda histórica e tan necesaria na nosa provincia”.

A moción, engade, buscaba implantar un modelo viable, medible e financeiramente responsable. “O noso proxecto piloto contempla unha duración limitada a un ano para analizar a demanda real, avaliar a puntualidade e coñecer o custo exacto por viaxe antes de tomar decisións definitivas”, destaca Marta Nóvoa.

Mantemento das 8 liñas e rigor orzamentario

Fronte ás mentiras vertidas sobre a proposta, aclara que o plan non elimina ningunha das opcións de mobilidade previas: “Garántese o mantemento das oito liñas planificadas, sen desbotar ningunha delas, pero abordando a conexión dos polígonos mediante unha memoria económica diferenciada e rigorosa”.

Neste sentido, Marta Novoa puxo o foco no “sablazo” económico que pretendía executar o Concello de Ourense. O goberno municipal pretendía imputar un custo de 2 millóns de euros por ampliar 8 liñas nun percorrido de tan só 3 a 5 quilómetros. Unha cifra desmedida se se ten en conta que a totalidade do contrato de transporte urbano de toda a cidade de Ourense supón pouco máis de 7 millóns de euros.

Un bloqueo que perxudica aos traballadores ourensáns

Desde o Grupo Provincial do PP de Ourense consideran “curioso” que PSOE e DO volvan unirse, nesta ocasión para bloquear iniciativas que benefician directamente á veciñanza, primando os intereses políticos sobre as necesidades dos traballadores e do tecido produtivo da provincia.

“Nós témolo claro: Ourense non se frea. Pese ao seu voto en contra, dende o Partido Popular comprometémonos a seguir defendendo servizos públicos de calidade, ben xestionados, útiles para a xente e con absoluta transparencia no uso dos recursos públicos”, conclúe Marta Nóvoa.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.