Deputados do PP de Ourense e León urxen novamente ao Gobierno a que licite antes de final de 2026 as obras do primeiro tramo da A-76, entre Requejo e Villamartín da Abadía

“Acaba de concluír o mes de agosto e non temos  noticia algunha da licitación, o que nos fai temer que tampouco terá lugar neste ano, despois dos flagrantes incumprimentos de datas anteriores comprometidas polo Ministerio de Transportes para  2023, 2024 e 2025” afirma Celso Delgado.

4, setembro, 2026

O pasado 3 de setembro os deputados populares Celso Delgado, Ana Vázquez, Rosa Quintana, Ester Muñoz e Silvia Franco, polas provincias de Ourense e #León, rexistraron no Congreso a seguinte pregunta dirixida ao Gobierno, da que desexa obter resposta por escrito.

“O pasado 6 de maio de 2026 estes mesmos deputados rexistramos no Congreso esta pregunta dirixida ao goberno: Que data de 2026 compromete o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible para licitar as obras da Autovía A-76 Ponferrada – Ourense. Tramo: Villamartín da Abadía -Requejo?

Argumentabamos que “o BOE do 16 de abril de 2026 publicou o Anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia polo que se publicitaba a Resolución do MITMS pola que se aprobaba o expediente de Información Pública e definitivamente o proxecto de construción: Autovía A-76 Ponferrada- Ourense. Tramo: Villamartín da Abadía – Requejo. Provincia de #León. Daquela o BOE do 23 de abril publicou unha corrección de erros do citado anuncio.

Despois deste  trámite de aprobación definitiva do proxecto de construción, que chegou cun monumental atraso, seguimos á espera da licitación das obras que debería ter lugar o máis axiña posible e en todo caso entre xuño e setembro de 2026.

Unha licitación de obras esperadísima que o Goberno non parou de dilatar. Lembramos que o 3 de febreiro de 2023, o entón secretario xeral de Infraestruturas, Xavier Flores en nota oficial dicía: “O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana traballa para licitar este ano as obras do primeiro tramo da A-76, entre Villamartín da Abadía e Requejo (#León), cun orzamento de 126 millóns de euros (IVE incluído)” 

E que o  30 de decembro de 2023  o titular do MITMS, Óscar Puente tras visitar as obras de reconstrución do viaduto do Castro, e na nota de prensa engadiu: “Así, anunciou que a finais de 2024 poderanse licitar as obras do primeiro tramo da A-76 entre Villamartín da Abadía e Requejo”

E que o 16 outubro de 2025. Óscar Puente, reuniuse na sede do Ministerio, asistido polo secretario de Estado de Transportes e Movilidad Sostenible, José Antonio Santano, co presidente da Deputación de #León. Ao finalizar esa reunión difundiuse desde a Deputación unha nota que entre outras cousas dicía: “Sobre a A-76, o ministro apuntou que o primeiro tramo entre Villamartín da Abadía e Requejo, cifrado en 126 millóns de euros, licitarase antes de final de ano”.

Todos estes compromisos oficiais foron flagrantemente incumpridos de modo que o escepticismo dos veciños de Valdeorras e do Bierzo sobre unha rápida licitación de obras por parte do MITMS é moi grande”

O 11 de xuño de 2026 chegou a resposta do Gobierno e foi esta: “En relación co asunto interesado, sinálase que a licitación das obras do tramo Villamartín da Abadía-Requejo da Autovía A-76 Ponferrada-Ourense atópase entre as prioridades de actuación do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible, de acordo coa planificación vixente e as dispoñibilidades orzamentarias.”

Acaba de concluír o mes de agosto e seguimos sen noticia algunha da licitación o que nos fai temer que tampouco terá lugar neste ano 2026 despois dos flagrantes incumprimentos de datas anteriores comprometidas polo MITMS para  2023, 2024 e 2025.

Por todo o anterior preguntamos,

Despois de reiterados e flagrantes incumprimentos do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible, que data do último cuadrimestre de 2026 compromete para licitar as obras da Autovía A-76 Ponferrada – Ourense. Tramo: Villamartín da Abadía -Requejo?

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.