O Grupo Municipal Popular solicitará ao goberno local a elaboración dun proxecto de recuperación dos camiños tradicionais de Ourense

O obxectivo dos populares con esta moción é que se recuperen para todos os usos posibles, incluíndo o acceso a fincas, a prevención de incendios e o fomento do uso lúdico e turístico

O Partido Popular proporá tamén que o Concello integre os camiños tradicionais no Inventario Municipais de Bens

7, xaneiro, 2025

O Grupo Municipal Popular defenderá no pleno ordinario de xaneiro unha moción para solicitar ao goberno local que inicie un proxecto de recuperación dos camiños tradicionais de Ourense, identificando cada un deles, coa intención de recuperalos para todos os usos posibles, incluídos o acceso a fincas, a prevención de incendios e o fomento do uso lúdico e turístico.

Unha petición que os populares fan porque están a recibir por parte da veciñanza queixas en relación coa carta remitida polo Concello de Ourense aos titulares de fincas, recordándolles as obrigas que teñen como propietarios para a xestión da biomasa de cara ao mes de maio, pois moitos manifestan que ven complicado cumprir a normativa vixente por factores alleos, en gran medida derivados da falta de actuación do propio Concello.

“A veciñanza está cumprindo coas súas obrigas pero en moitos casos, o que nos trasladan é que, paradoxicamente, son os camiños públicos os que están nun estado de tal abandono que impiden o acceso ás fincas que teñen a obriga de manter limpas”, explica o edil Pepe Araújo. “Por iso, consideramos que é o momento de abordar a situación dos camiños tradicionais no termo municipal de Ourense”, engade o concelleiro.

O Partido Popular entende que a recuperación destes camiños non é só un deber funcional, senón tamén unha oportunidade para avanzar na protección do noso territorio e na mellora da calidade de vida da veciñanza. De feito, tal e como destaca o popular “estes camiños, debidamente mantidos, poderían actuar como cortalumes naturais, reducindo o risco de propagación do lume nos períodos de máximo perigo”.

Por outra banda, o grupo municipal proporá ao Concello de Ourense que integre os camiños tradicionais no Inventario Municipal de Bens. “Trátase de converter estas antigas arterias de comunicación en recursos multifuncionais ao servizo da cidadanía, non só para o acceso a propiedades, senón tamén para actividades lúdicas, deportivas e turísticas”, indica Pepe Araújo. “Ademais xa existe un traballo previo realizado por funcionarios municipais, no que se identificaban posibles rutas a través das diferentes parroquias do termo municipal”, conclúe o popular.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.