O PP de Verín inicia unha etapa con novos concelleiros, “cargados de ilusión, ganas de traballar e compromiso coa vila”

Bernardo Rodríguez, Tamara Velázquez, Benito Quiñones e Celestino Cid conformarán finalmente o grupo municipal dos populares verineses

27, agosto, 2026

Tras dar conta o pleno do Concello de Verín hoxe da renuncia dos catro concelleiros do PP, o partido comeza unha etapa a que se incorporarán catro novos concelleiros do grupo popular. “Catro persoas que chegan cheas de ilusión, con ganas de traballar e un gran compromiso coa nosa vila e a súa veciñanza”, sinalan dende o PP de Verín.

Finalmente, os próximos concelleiros do PP verinés serán Bernardo Rodríguez, Tamara Velázquez, Benito Quiñones e Celestino Cid. Pendentes de formalizar o seu cargo, os catro populares afirman ter “moitas ganas de comezar a sumar á nosa vila e poder aportar un gran de area para mellorar a vida da cidadanía”. Con perfís moi variados, cada un deles conta con “ampla experiencia nas súas áreas de especialización e a responsabilidade de sumar a este proxecto”, din dende a directiva popular da vila. 

Bernardo Rodríguez (2002), co grao de Dereito, Ciencia Política e Administración Pública e cun negocio propio no sector inmobiliario actualmente comezará no próximo curso o Máster de Acceso á Avogacía e Asesoría Fiscal. No eido político, iniciou a súa andadura política no 2023 cando se incorporou as listas do PP verinés para eses comicios, sendo unha das incorporacións máis mozas nas filas dos populares. Membro de Novas Xeracións, ten claro que centrará o seu traballo nesta nova etapa “nas necesidades que ten a xente de Verín, a mocidade, os autónomos, os empresarios, todo aquel que quere facer vida aquí”.

Tamara Velázquez (1981), actualmente operaria de envasado, leva case 25 anos formando parte da gran familia popular. Comezou a súa andadura en Novas Xeracións e formando parte do comité rexional, ocupando o cargo de secretaria de Vivenda e Novas Tecnoloxías. Tras incorporarse as listas do PP verinés para as eleccións municipais de 2023, Velázquez asume este reto co “obxectivo de facer unha boa oposición e intentar facer algo pola nosa vila, que ten moito no que mellorar”.

Pola súa banda, Benito Quiñones (1974), enfermeiro, leva vinculado as filas do Partido Popular gran parte da súa vida. “Sempre comulguei co partido porque representa os meus valores”, sinala o popular, quen xa estivo vinculado a candidaturas en Viana e na Mezquita. Agora, tomará con gran responsabilidade a acta de concelleiro pola súa vocación de servizo público.

E finalmente, Celestino Cid (1981), autónomo no sector da madeira, comezou a súa andadura na familia popular no 2023 co obxectivo de “poder aportar a Verín e a súa xente”. Tino Cid dá un paso adiante agora para aportar a súa visión e os seus coñecementos ao proxecto popular.

Un proxecto de cambio

Deste xeito, o Partido Popular inicia un novo tempo tras unha etapa de cambios internos, “necesarios para reforzar a estrutura do partido e ampliar o equipo, fundamental para ofrecer unha alternativa real ao desgoberno do PSOE e BNG”, sinalan dende a dirección do partido na vila do Támega.

Agora, a dirección do PP de Verín e a súa Xunta xestora teñen o foco posto -como dende os seus inicios- en traballar por e para Verín. “O noso obxectivo é aportar, denunciar o que non está ben feito, propoñer alternativas e amosarlle a todos os veciños e veciñas que o Partido Popular conta cun proxecto de cambio para devolverlle a vila o que o bipartito lle quitou nestes anos”, engaden os populares.

Dende a falta de seguridade e limpeza das nosas rúas ata a falta de unha axenda de cultural e de ocio, así como o empeoramento dos servizos municipais ou a falta de alternativas para a mocidade,  ademais da grave situación económica que vive o Concello son algúns dos puntos nos que os populares queren enfocarse. “É preciso que a xente coñeza a realidade do Consistorio e que vexan no Partido Popular unha alternativa, cun proxecto sólido, de futuro e pensado para todos os verineses, tanto os da vila como os das aldeas, mozos e maiores, traballadores, familias e todo aquel que queira emprender un proxecto de vida en Verín”, destacan. “Moi lonxe dunha crise, o Partido Popular verinés está vivindo un momento de cambios para ser realmente o cambio que Verín precisa”, conclúen os populares.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.