Os parlamentarios populares ourensáns denuncian que o persistente silencio de ADIF-AV e Transportes acredita que desisten de executar os tres tramos pendentes da variante exterior

Termina 2025 con outra “portada” ás necesidades ferroviarias de Ourense e do conxunto de Galicia, que esixen completar o trazado da variante con dobre vía na súa totalidade para asegurar a súa fiabilidade

“Non imos consentir que a LAV a Galicia quede cun tramo de trazado sinuoso de 8 km e de vía única mixta desde Seixalbo ata a estación de Ourense, de modo que calquera incidencia ou avaría supoña o corte do acceso ferroviario” sinala o deputado Celso Delgado

3, xaneiro, 2026

O 4 de novembro de 2025 os deputados ourensáns do Grupo Parlamentario Popular Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, rexistraron no Congreso as seguintes preguntas dirixidas ao Goberno:

Desmentirá de forma oficial e urxente o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible (MITMS) e Adif Alta Velocidade, as informacións que están a chegar de que non vai executar as obras dos tres novos tramos pendentes da variante exterior ferroviaria: Conexión Seixalbo-Seixalbo, Seixalbo-Túnel de Montealegre e Túnel de Montealegre-Estación de Ourense, debido a que pretenden simplemente unha duplicación do sinuoso tramo actual que ten un carácter provisional?

Que explicación dá o Goberno e ADIF-AV e o MITMS a que en novembro de 2023 afirmase por escrito o delegado do Goberno que os proxectos dos tres tramos pendentes de licitar da variante exterior estaban “en revisión de normativa de seguridade e prezos”. E que en decembro de 2024 afirmasen en resposta parlamentaria que “é necesario un novo contrato para realizar esa actualización”?

Despois de varios incumprimentos, que data compromete ADIF-AV para licitar nas obras dos tres tramos pendentes da variante exterior?

O 11 de decembro de 2025 o Goberno deu esta resposta: “Para a chegada da Alta Velocidade a Ourense, nunha primeira fase aproveitouse o corredor de Rede Convencional desde Taboadela ata Ourense. Actualmente atópase en execución a Fase 1 da chegada a Ourense polo trazado da variante entre Taboadela e Ourense”.

Valoración da resposta

Termina 2025 con outra portada do Goberno socialista e de ADIF-AV ás necesidades ferroviarias de Ourense e do conxunto de Galicia.

Non desmenten de forma oficial as informacións que están a circular de que están a elaborar un proxecto de desdobramento da actual liña convencional, de modo que se chegaría á estación de Ourense polo sinuoso percorrido actual no que se instalou de forma provisional un terceiro fío de alta velocidade a Ourense. De confirmarse estes feitos, serían dunha enorme gravidade, un agravio enorme a Galicia e moi en especial a Ourense.

Non se dá explicación algunha sobre as razóns polas que ADIF-AV afirmou hai moitos meses que debería realizar un novo contrato para revisar a normativa de seguridade e prezos dos proxectos. Todo indica que era unha simple escusa.

E tampouco se compromete por parte do Ministerio de Transportes e de ADIF-AV unha data de licitación das obras deses tres tramos pendentes da variante exterior ferroviaria: Conexión Seixalbo-Seixalbo, Seixalbo-Túnel de Montealegre e Túnel de Montealegre-Estación de Ourense

A resposta gobernamental tan só refírese a que están en execución as obras dos dous tramos entre Taboadela e Conexión Seixalbo, é dicir a Fase 1 da variante. Algo obvio e que non era obxecto da nosa pregunta.

Unha vez máis insistimos que é imprescindible construír os tres tramos pendentes da variante exterior, pois doutro xeito a LAV quedaría cun tramo de trazado sinuoso de 8  km e de vía única mixta, entrado na estación ademais en curva. Ademais, é fundamental para completar o trazado con dobre vía na totalidade da LAV e asegurar a súa fiabilidade, pois de non ser así calquera incidencia ou avaría nunha vía única supoñería o corte do acceso ferroviario entre Galicia e Madrid.

E a maiores, lembramos o informe da patronal das obras públicas (SEOPAN) “Análises do Investimento Prioritario en Infraestruturas en España” (Setembro de 2024) no que se cualifica a variante de Ourense como unha prioridade e que “O investimento total estimado por ADIF para toda a infraestrutura é de 564 M€, que terá un beneficio social asociado de 1.111 M€ calculados a 30 anos.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.