O PP de Verín alerta da inexistente oferta deportiva infantil e xuvenil

A supresión de actividades deportivas, falta de previsión e planificación resumen a xestión do bipartito nesta área municipal

10, setembro, 2026

Improvisación, ausencia de coordinación e dificultades para conciliar a vida laboral e familiar son algunhas das queixas trasladadas polos pais e nais do municipio ao Partido Popular de Verín, ante a actual xestión deportiva do grupo de goberno PSOE e BNG.

Nos últimos anos, a falta de planificación do goberno municipal deixou en evidencia a ausencia dunha política clara para a infancia e a mocidade. “As actividades deportivas son anunciadas ou concretadas a última hora, cando as familias xa teñen organizados os horarios de curso escolar ou os menores inscritos noutras iniciativas e centros deportivos”, lamentan desde do Partido Popular de Verín.  

“O Concello de Verín debe apoiar e colaborar cos clubes e asociacións que xa desenvolven actividades no municipio, facilitándolles medios e establecendo convenios de colaboración, ao tempo que debe impulsar aquelas iniciativas que actualmente non están cubertas polo tecido deportivo e asociativo local. O problema non son estas entidades, que en moitos casos están a cubrir co seu esforzo as carencias municipais, o problema é o goberno municipal que non planifica, non coordina e chega tarde á hora de ofrecer alternativas ás familias”, engaden.

Esta situación non só dificulta que se poidan compaxinar diferentes actividades culturais, educativas ou de lecer; senón tamén condiciona a clubes, asociacións e outras entidades públicas e privadas que programan con antelación, e despois atópanse con coincidencias de datas e horarios por falta de coordinación municipal. “Non é razoable que teñamos unha oferta deportiva municipal escasa, e que a mesma se coñeza tarde e mal, especialmente tendo un concelleiro do BNG, Diego Lourenzo, que percibe unha dedicación exclusiva para exercer as súas responsabilidades, entre as que se atopan tamén a deportiva”.

Ademais, desde o PP de Verín quérese demandar ao bipartito unha programación máis ampla e estable, cun calendario coñecido con suficiente antelación e, por suposto, coordinado co tecido deportivo e asociativo do municipio. “Consideramos que a práctica deportiva é fundamental para a saúde física e mental dos nosos menores e mozos/as, Verín foi un referente deportivo a nivel galego e agora xa non queda nada diso, o que amosa o nulo interese que teñen PSOE e BNG en promover esta área municipal, asentada na improvisación constante”.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.