O Senado, por iniciativa do PP, aproba a inclusión da balneoterapia como tratamento terapéutico no Sistema Nacional de Saúde

A través dunha moción impulsada polos representantes populares da provincia de Ourense, destácanse os beneficios sanitarios, sociais e económicos do termalismo, especialmente nas áreas rurais e de reto demográfico, que é onde se atopan a meirande parte dos balnearios

O PP segue a liderar a defensa do termalismo terapéutico como un “recurso sanitario estratéxico”, tal e como se impulsou desde a Deputación de Ourense e como se está a defender na Sección de Vilas Termais da FEMP, así como en outras entidades europeas

A moción contou co apoio de todos os grupos, agás o PSOE, que se abstivo, cun discurso meramente partidista do senador ourensán Rafael Villarino

25, maio, 2026

A Comisión de Sanidade do Senado aprobou hoxe unha proposta presentada polos representantes ourensáns do Partido Popular, na que se pide a inclusión da balneoterapia como tratamento terapéutico na carteira común de servizos do Sistema Nacional de Saúde (SNS), destacando os beneficios sanitarios, sociais e económicos do termalismo, especialmente nas áreas rurais e de reto demográfico, que é onde se atopan a meirande parte dos balnearios.

Con esta nova iniciativa, o PP segue a liderar a defensa do termalismo terapéutico como un “recurso sanitario estratéxico”, tal e como se impulsou desde a Deputación de Ourense e como se está a defender na Sección de Vilas Termais da FEMP, así como en outras entidades europeas.

A moción do PP, apoiada por todos os grupos agás o PSOE, que se abstivo cun discurso meramente partidista do senador ourensán Rafael Villarino, pon énfase nas vantaxes sanitarias que ten a balneoterapia, especialmente en pacientes crónicos, a redución no uso de fármacos, a prevención de doenzas ou a súa positiva influencia en aspectos relacionados coa lonxevidade e o envellecemento saudable.

O senador Manuel Baltar, encargado de presentar a proposta, sinalou que existe “evidencia científica suficiente” para xustificar unha petición que, segundo afirmou, “tería un impacto moi positivo en territorios como Ourense, a provincia de maior potencial termal de Europa e que ostenta o título de Capital Termal de Galicia”.

Francisco José Fernández, pola súa parte, lembrou que para poñer en marcha esta iniciativa cómpre que o Goberno de España suprima o termo “balneario” do artigo 5.4 do real Decreto 1030/2006 de 15 de setembro, co fin de evitar a súa equiparación con actividades de ocio. Os balnearios, dixo, “son unha ferramenta de saúde preventiva, de benestar físico, emocional e de integración social”.

Os representantes populares no Senado incidiron no atraso de España nesta materia fronte a outros países, onde a balneoterapia xa forma parte do sistema de saúde, caso de Francia, Alemaña, Italia ou Portugal.

A moción do PP tamén incluía unha petición dirixida ao Goberno central para que solicite un informe previo á Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias, co fin de que sinale as indicacións aprobadas para o seu uso con base na evidencia clínica, a seguridade e a eficiencia.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.