Ana Vázquez reivindica que “representar Ourense” supón un compromiso “leal e esixente” que será atendido polo futuro Goberno de Alberto Núñez Feijóo

Hoxe, no acto de presentación das candidaturas do PP de Ourense ao Congreso e o Senado para as eleccións do 29 de novembro, a cabeza de lista á Cámara Baixa pola provincia avoga por “escoitar os concellos e sectores sociais” da provincia, “presentar propostas, facer seguimento dos compromisos e explicar os resultados”

Paula Prado contrapón os “récords” de apoios electorais que conseguen os populares ourensáns en cada convocatoria cos do sanchismo, que só é punteiro en “propaganda, corrupción e neglixencia”

Luis Menor destaca que o equipo ourensán reúne “experiencia, capacidade de traballo e compromiso coa provincia”

7, novembro, 2026

A cabeza de lista do PP ao Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense, Ana Vázquez, destacou que a candidatura combina “experiencia parlamentaria, coñecemento das institucións, vinculación cos concellos e novas achegas profesionais e sociais”, cun compromiso compartido de poñer esa preparación ao servizo da provincia. “Representar Ourense esixe escoitar os seus concellos e sectores sociais, presentar propostas, facer seguimento dos compromisos e explicar os resultados”, e supón un compromiso “leal e esixente” que será atendido polo “futuro Goberno de Alberto Núñez Feijóo”, afirmou.

Así o sinalou tras a foto de familia da candidatura do PP da provincia de Ourense ao Congreso e ao Senado de cara ás eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro. Neste sentido reivindicou unha representación “leal e esixente” que consiga respostas ás necesidades de Ourense nun Goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo. Entre as prioridades, atópanse o impulso á A-76 Ourense-Ponferrada, á A-56 cara a Lugo, á variante exterior ferroviaria e á remodelación da estación de Ourense, así como á estación de mercadorías de San Cibrao das Viñas, ás melloras viarias entre Ourense e Os Peares e ás actuacións de depuración no río Barbaña.

A candidata tamén defendeu reforzar a atención nos cuarteis da Garda Civil e os medios policiais e xudiciais para garantir a seguridade da cidadanía con independencia do seu lugar de residencia.

PAULA PRADO: “A CORRUPCIÓN E A NEGLIXENCIA NON PODEN SAÍR GRATIS”

A secretaria xeral do PPdeG gabou o equipo de candidatos e candidatas da provincia, encabezado por Ana Vázquez ao Congreso e por Miguel Santalices ao Senado na provincia, que conta con perfís xa consolidados aos que se engaden novas incorporacións. Un equipo do que dixo agardar grandes resultados o 29N, porque representan unha provincia de “récords” nos resultados dos populares en cada convocatoria electoral.

Na que terá lugar en só tres semanas, Paula Prado censurou que os récords que poden presentar Pedro Sánchez e os partidos que o apoiaron, incluído o BNG, son unicamente en “propaganda, corrupción e neglixencia”. Un currículo que non pode saírlles “gratis” nas urnas, remarcando que PSOE e BNG son o mesmo “perro” con distinto colar.

Nesta liña, chamou a contribuír á “reconstrución nacional” que liderará Alberto Núñez Feijóo, cun proxecto de “bos xestores” e “xente honrada”, que devolverá a España o respecto ao Estado de Dereito e a independencia das institucións, no que Galicia volverá “ter voz”. En definitiva, “faremos que España volva funcionar”, subliñou.

A secretaria xeral do PPdeG remarcou que a única alternativa válida ao sanchismo é o Partido Popular, fronte a un bloque de esquerdas que representa o mesmo. Porque se o PSOE foi o “autor” de oito anos da “peor política”, o BNG foi “cómplice” co seu apoio. España “reclama, merece e necesita” o “cambio” que só pode traer o Partido Popular da man de Alberto Núñez Feijóo,.

LUIS MENOR: “TODO O TRABALLO ORGÁNICO VAISE VER NAS URNAS”

Finalmente, o presidente do PP de Ourense, Luis Menor, destacou que a candidatura popular ás Eleccións Xerais reúne “experiencia, capacidade de traballo e compromiso coa provincia”, e conta co respaldo dunha organización plenamente preparada e mobilizada. “Todo o traballo orgánico que vimos desenvolvendo no PP de Ourense vaise ver nas urnas o próximo 29 de novembro”, afirmou. Neste sentido, rexeitou calquera conformismo e fixou como obxectivo “saír a loitar por acadar o mellor resultado”, desde a proximidade aos cidadáns e a defensa dos intereses dos ourensáns.

Menor subliñou que o PP representa “a única opción seria de goberno”, cun xeito de xestionar baseado no rigor, na estabilidade e na atención ás necesidades da cidadanía, do que sinalou como exemplos a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia. Así mesmo, enmarcou esta convocatoria no traballo de preparación das Eleccións Municipais de maio de 2027: “Temos aos mellores candidatos para as Xerais e seguiremos presentando aos mellores candidatos para as municipais. O 29N é o paso previo para chegar a esa cita con todas as garantías, con equipos fortes e proxectos capaces de gañar a confianza dos veciños”.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.