
A conciliación é unha medida fundamental para que os pais e nais podan compaxinar a súa vida laboral e familiar durante os meses de verán é “dende o Partido Popular seguiremos insistindo durante os meses restantes para que sexa unha realidade, ao igual que o é o noso compromiso coas necesidades das familias”, asegura a portavoz. Para iso, o Partido Popular entende que fai falla traballar cunha planificación anticipada desde este mesmo mes.
O grupo municipal solicitou tamén, tras escoitar as demandas da veciñanza de As Lagoas, a reforma da zona verde e do parque infantil de Daniel González
Os populares lamentaron que o goberno municipal siga sen avanzar na zona de baixas emisións (ZBE) da cidade nin contemple un cronograma ao respecto
Tamén reiteraron que se poña foco no servizo de autobuses urbanos ante as continuas queixas da veciñanza
Por último, o PP avanza que o Concello xa solicitou o informe pericial que detecte onde está o problema de impermeabilización da piscina termal de As Burgas e os motivos polos que se produciu, tal e como solicitou a semana pasada o grupo municipal por escrito
21, xaneiro, 2025
Nas reunións de xuntas de área celebradas esta mañá o grupo municipal popular solicitou ao goberno local que comece a preparar a programación de actividades de conciliación de verán para que todas as familias ourensás, que o precisen, podan facer uso deste servizo. Neste senso os populares pediron que se amplíen a programación “porque os horarios son moi reducidos e porque sempre quedan moitos nenos e nenas sen praza”, tal e como explica a portavoz Ana Méndez.
Por outra banda, o grupo municipal instou ao goberno local, tras escoitar as demandas da veciñanza de As Lagoas, a reformar a zona verde e o parque infantil de Daniel González, un proxecto que xa estaba redactado no anterior mandato cando o Partido Popular exercía as competencias de medio ambiente, e ao que hai que actualizarlle o prezo e levalo a pleno para licitalo. “Nós estivemos alí e comprobamos que a día de hoxe o parque presenta numerosos perigos para os cativos, polo que é urxente tomar medidas”, indica Ana Méndez. En materia de infraestruturas o PP tamén solicitou que a obra do Xardín do Posío se execute por fases para que sempre estea aberta algunha zona.
Tras as reunións, o grupo municipal lamenta que o goberno local siga sen avanzar na zona de baixas emisións (ZBE) da cidade nin contemple un cronograma ao respecto, cando a lei 7/2021 do 20 de maio de cambio climático e transición enerxética fixa que as ZBE debían estar implantadas antes do 2023 e estamos en xaneiro de 2024. O último avance que coñecen os populares é de abril de 2024, cando o goberno municipal sacou a concurso o proxecto para implantar esta normativa europea.
Tamén reiteraron os populares que se poña foco nas problemáticas dos autobuses urbanos, pois a veciñanza segue trasladando ao grupo municipal que as liñas cambian de ruta sen previo aviso, que a xente continúa quedando tirada nas paradas, que as ramplas non funcionan e que non se cumpren os horarios, entre outras demandas.
Por último, o PP avanza que o Concello xa solicitou o informe pericial que detecte onde está realmente o problema de impermeabilización da piscina termal de As Burgas e os motivos polos que se produciu, tal e como solicitou a semana pasada o grupo municipal por escrito.