
“Non se pode poñer unha venda a unha realidade tan grave como esta, claro que as administracións locais poden actuar en saúde mental e impulsar plans para paliar os problemas de saúde mental entre aqueles grupos de población más vulnerables. Tamén poden pór en funcionamento protocolos de prevención e actuación, tanto no ámbito sanitario como no educativo. De feito, concellos como os de A Coruña, Murcia ou Alicante contan cun Plan específico de Saúde Mental”, explica a popular”, explica Inma Moreiras
“No mes de decembro xa levamos a pleno unha moción na que pedíamos acreación dun Plan Municipal de Saúde que, entre outras cousas, axudase a paliar o incremento de ingresos no servizo de psiquiatría, sendo unha das causas a depresión, e xa alertábamos tamén do notable aumento de casos en perfís de poboación nova”, lembra a popular
14, xaneiro, 2025
O Grupo Municipal Popular reitera ao goberno local a urxencia e a necesidade de adoptar medidas para previr e paliar os problemas de saúde mental en Ourense. Unha petición na que os populares insisten tras coñecer que os casos de depresión continúan cunha tendencia á alza e que seguen sendo a segunda causa das hospitalizacións na unidade de agudos do CHUO. Ademais, nesta semana, na que se celebra o Día da Depresión e na que diferentes expertos do ámbito sanitario como a xefa de psiquiatría do CHUO, María Tajes ou a psicóloga Lorena Fernández, alertan de que Ourense é unhas das provinvias donde a prevalencia da depresión se encontra en cifras máis elevadas.
No mes de decembro o grupo municipal levou a pleno unha moción na que pedía a creación dun Plan Municipal de Saúde que, entre outras cousas, axudase a paliar o incremento de ingresos no servizo de psiquiatría, sendo unha das causas a depresión, e xa alertába tamén do notable aumento de casos en perfís de poboación nova. “Lamentablemente a concelleira encargada da área de sanidade respondeu que non é unha competencia local e que antes hai que afrontar outros desafíos como a mellora das instalacións dos cemiterios”, lembra a edil Inma Moreiras.
“Non se pode poñer unha venda a unha realidade tan grave como esta, claro que as administracións locais poden actuar en saúde mental e impulsar plans para paliar os problemas de saúde mental entre aqueles grupos de población más vulnerables. Tamén poden pór en funcionamento protocolos de prevención e actuación, tanto no ámbito sanitario como no educativo. De feito, concellos como os de A Coruña, Murcia ou Alicante contan cun Plan específico de Saúde Mental”, explica a popular.
O Partido Popular entende que é imprescindible tamén aumentar o número de actividades sociais dende o Concello, unha medida que axudaría a evitar a incomunicación, a paliar as consecuencias da pandemia, que seguen presentes en moitas persoas, e por ende os procesos depresivos. “Non o dicimos nós, reflícteo o incremento de ingresos por problemas de saúde mental, polo que o goberno local ten que comezar canto antes a promocionar a saúde mental e o benestar emocional de toda a veciñanza porque é unha responsabilidade compartida de todas as institucións públicas”, conclúe a concelleira.