O Grupo Municipal Popular solicita que o grupo de goberno tome medidas para impulsar e apoiar ao comercio local 

“Non podemos limitarnos a pensar só nas cinco grandes festas do ano como a oportunidade para promocionar a nosa cidade e o seu comercio. Ourense precisa dun compromiso sólido e continuo coa súa economía local e debe ser unha prioridade durante todo o ano”, manifesta o concelleiro Pepe Araújo           

O Partido Popular propón como as medidas que o goberno local pode poñer en marcha: campañas de promoción e visibilidade, fomento da formación e a dixitalización, organización de actividades e feiras ao longo do ano, bonificación para xóvenes ou concesións de locais municipais

“Estas iniciativas non só axudarían a impulsar o comercio, se non que servirían tamén para dinamizar e poñer en valor zonas como o casco vello, que a día de hoxe está abandonado e con rúas cheas de baixos pechados”, indica Pepe Araújo

Os populares destacan que, malia as carencias que hai por parte do goberno municipal, a Xunta de Galicia xa está a dar pasos fundamentais para apoiar ao comercio local, como o bono Activa Comercio ou as axudas aos autónomos

29, xaneiro, 2025

O Grupo Municipal Popular expresa a súa preocupación ante a situación que está a atravesar o comercio local da cidade de Ourense. “Estamos a vivir un fenómeno alarmante, pois hai un peche progresivo de negocios de proximidade, mentres que as grandes multinacionais continúan a expandirse”, explica o edil Pepe Araújo. Unha realidade que lamentablemente afecta de maneira directa á economía local e á xeración de emprego. De feito, tal e como reflicten os datos do paro do último trimestre de 2024 a crise comercial que existe na urbe ourensá fai que Ourense se convirta na provincia coa taxa máis alta de paro de Galicia. Por este motivo, os populares entenden que é necesario que o goberno local tome medidas de forma inmediata.

“Non podemos limitarnos a pensar só nas cinco grandes festas do ano como a oportunidade para promocionar a nosa cidade e o seu comercio. Ourense precisa dun compromiso sólido e continuo coa súa economía local, que vaia máis alá dos eventos puntuais. O apoio ao comercio local debe ser unha prioridade durante todo o ano”, manifesta o concelleiro.

O Partido Popular propón varias medidas que o goberno local pode poñer en marcha para impulsar o comercio local: campañas de promoción e visibilidade, fomento da formación e a dixitalización para que poidan adaptarse á nova era dixital, mellorando a súa competitividade; organización de actividades e feiras ao longo do ano que atraían a veciños e a turista cara ó comercio local, bonificacións para xóvenes emprendedores ou concesións de locais municipais, pois temos que recordar o tempo que  levan sen renovarse os contratos de aluguer dos locais municipais, como os que están á carón da Praza de Abastos ou do parque de A Ponte.

“Estas iniciativas non só axudarían a impulsar o comercio, se non que servirían tamén para dinamizar e poñer en valor zonas como o casco vello, que a día de hoxe está abandonado e con rúas cheas de baixos pechados”, indica Pepe Araújo.

O grupo municipal destaca que, malia as carencias que hai por parte do goberno municipal, a Xunta de Galicia xa está a dar pasos fundamentais para apoiar ao comercio local, como o bono Activa Comercio, que facilita descontos nas compras realizadas en establecementos locais, ou as axudas aos autónomos para mellorar a súa competitividade.

Por último, os populares solicitan que o goberno local asuma a súa responsabilidade e faga un esforzo por sumar as súas políticas para que Ourense sexa un referente de apoio ao comercio de proximidade e á súa xente.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.