
A voceira dos populares, Ana Méndez, sinalou a importancia desta declaración e explicou que O Goberno local carece dun Plan de Vivenda, “sabendo que é o problema máis acuciante que ten actualmente a sociedade, e dende o Partido Popular non nos quedamos cos brazos cruzados ante esta situación, senón que ofrecemos solucións na cidade grazas á Xunta de Galicia con feitos”
Ana Méndez recalca que a esta declaración de área Rexurbe súmanse a adxudicación para a construción de 64 vivendas de promoción pública en Mariñamansa ou o Bono alugueiro con 13 M€ en achegas para axudar á mocidade galega a emanciparse
Os populares sinalan que os seguintes paso que debe dar o Concello é a apertura da Oficina de Rehabilitación do PERI e a realización do Plan de Dinamización
A concelleira Sonia Ogando, que asumiu responsabilidades de Urbanismo no anterior mandato municipal, amosou a súa satisfacción pola decisión da Xunta, lembrando que esta declaración parte do seu empeño persoal, “e estou convencida de que será un revulsivo para esta zona da cidade que ten un estado de degradación considerable”
6, marzo, 2025
A voceira do Grupo Municipal do PP, Ana Méndez, xunto á concelleira Sonia Ogando, compareceron hoxe en rolda de prensa, acompañadas polos edís Inmaculada Moreiras, Jorge Pumar e José Araújo, co fin de poñer en valor o que cualificaron de “excelente noticia para Ourense”: a declaración, por parte da Xunta, do Casco Histórico da cidade como Área Rexurbe.
Trátase dunha ferramenta moi positiva para recuperar o casco histórico dun xeito gradual, co obxectivo de adquirir inmobles que, estando inscritos no Rexistro da Propiedade, cumplan cos seguintes requisitos: permitir que futuras vivendas reúnan as condicións óptimas de habitabilidade (evidentemente se non están afectadas por servidumes ou cargas) e que os custes de rehabilitación non resulten desproporcionados. Posteriormente. á Xunta procederá á recuperación destas vivendas en réximen de alugueiro a disposición dos veciños da cidade que se atopen inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda.
A voceira dos populares, Ana Méndez, recalcou que a declaración como Área Rexurbe “é unha actuación do Goberno Galego ante a inacción en materia de vivenda da Concellería de Urbanismo e do Grupo de Goberno da cidade de Ourense”. Precisamente, neste senso, pediulle por favor ao equipo de goberno “que traballe para solucionar os problemas reais da xente”.
Así, argumentou Ana Méndez que o Goberno local “carece dun Plan de Vivenda, sabendo que é o problema máis acuciante que ten actualmente a sociedade, e dende o Partido Popular non nos quedamos cos brazos cruzados ante esta situación, senón que ofrecemos solucións na cidade grazas á Xunta de Galicia con feitos: esta declaración de área Rexurbe, a adxudicación para a construción de 64 vivendas de promoción pública en Mariñamansa ou o Bono alugueiro con 13 M€ en achegas para axudar á mocidade galega a emanciparse”. Precisamente, os populares sinalan que os seguintes pasos que debe dar o Concello é a apertura da Oficina de Rehabilitación do PERI e a realización do Plan de Dinamización correspondente a esta zona.
Pola súa banda, a concelleira Sonia Ogando, que asumiu responsabilidades de Urbanismo no anterior mandato municipal, explicou cuestións técnicas desta declaración como Área Rexurbe e amosou a súa satisfacción pola decisión da Xunta, lembrando tamén que esta decisión parte do seu empeño persoal, “e estou convencida de que será un revulsivo para esta zona da cidade que ten un estado de degradación considerable”.