Martín Gil Blanco presenta a súa candidatura á presidencia de Novas Xeracións da provincia de Ourense 

O actual presidente da xestora provincial entregou ao comité organizador os avais recollidos entre os afiliados para a súa candidatura 

“Imos cara unhas eleccións municipais das máis importantes, nun contexto especialmente difícil para a mocidade, e Novas Xeracións ten que estar á altura”, afirma Gil Blanco 

24, setembro, 2026

O presidente da xestora provincial de Novas Xeracións (NNXX) de Ourense, Martín Gil Blanco, vén de presentar a súa candidatura á presidencia da organización no Congreso provincial Extraordinario fixado para o próximo 17 de outubro. Gil Blanco entregou ao comité organizador os avais recollidos entre os militantes para presentar oficialmente a súa candidatura.

“Imos cara unhas eleccións municipais das máis importantes para o futuro da nosa provincia”, afirma, nun contexto especialmente difícil para a xuventude, marcado polos problemas de acceso á vivenda, a falta de oportunidades laborais e a necesidade de fixar poboación nova no rural.

“O Partido Popular ten as ideas e a vontade para darlle solución real a estes problemas, e Novas Xeracións ten que ser parte activa desa solución”, explicou o candidato, quen subliñou que o seu principal obxectivo, de acadar a presidencia, será consolidar a formación nas diferentes comarcas da provincia para dotar ao partido dunha estrutura de mozas e mozos sólida ao longo de todo o territorio ourensán, tal e como se vén facendo dende hai meses.

Gil pon en valor que Novas Xeracións é, a día de hoxe, a organización xuvenil de ámbito político máis grande da provincia de Ourense, e destacou que “neste tempo conseguimos crear un gran equipo de xente moza, traballadora e comprometida, que é precisamente o que o partido necesita para afrontar os retos que temos por diante”.

Martín Gil Blanco (Ourense, maio de 2000) é Graduado en Enxeñaría Informática pola ESEI da Universidade de Vigo e exerce como profesor de Sistemas e Aplicacións Informáticas no ámbito da Formación Profesional.

Afiliado ao Partido Popular dende 2018, preside a xestora provincial de Novas Xeracións de Ourense dende decembro de 2025, etapa na que xa comezou a sentar as bases do proxecto que agora presenta ante os militantes da provincia.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.