O PP de Ourense reafirma que segue na oposición en Barbadás, apoia sen fisuras ás vítimas de acoso e reclama respecto á presunción de inocencia

A xestora do Partido Popular de Barbadás reuniuse esta mañá nunha convocatoria extraordinaria realizada polo seu presidente, José Manuel Freire Couto, e á que asistiron o presidente provincial, Luis Menor, e a secretaria xeral, Sandra Quintas, co obxectivo de analizar a situación política actual do Concello.

21, decembro, 2025

Tralo remate da xuntanza, o Partido Popular expresa:

O seu apoio total e absoluto ás vítimas de acoso laboral ou de calquera outro tipo, amosando solidariedade e respaldo sen matices.

A Defensa do principio constitucional de presunción de inocencia, que debe amparar a calquera cidadán, incluído o alcalde denunciado, mentres non exista resolución xudicial.

O Partido Popular de Barbadás atópase nestes momentos onde estivo sempre e onde o situaron os cidadáns nas últimas eleccións municipais: na oposición, sen terse movido desa posición en ningún momento. O PP defenderá desde ela os intereses xerais da veciñanza de Barbadás e mantense aberto ao diálogo con calquera forza política, sempre desde o respecto institucional e democrático.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.