O PP de Ourense defende a política de vivenda como “unha prioridade central de goberno” para que a cidadanía desenvolva o seu proxecto de vida “con dignidade e seguridade”

No Carballiño, na quinta xornada sobre vivenda coa presenza do presidente provincial, Luis Menor, e o portavoz do grupo parlamentario popular na Cámara galega, Alberto Pazos

“Coas nosas propostas serias e rigorosas seremos quen de reducir esas 3.540 vivendas baleiras que no Carballiño”, a quinta poboación da provincia con máis pisos pechados logo de Ourense, Xinzo de Limia, Verín e Allariz, subliñou Luis Menor

Alberto Pazos puxo en valor as iniciativas do Goberno galego para facilitar o acceso “a un fogar”, sinalando que “o 100% das novas vivendas” comprometidas polo Executivo de Alfonso Rueda para esta lexislatura “xa están en marcha”

25, abril, 2026

O Partido Popular de Ourense celebrou este sábado no Carballiño o quinto encontro que organiza a Área de Vivenda e no que participaron, xunto ao presidente provincial Luis Menor, o portavoz do grupo parlamentario popular na Cámara galega, Alberto Pazos, e o portavoz do grupo municipal no Carballiño, José Rafael Castro-Gil, ademais dos relatores da xornada: o coordinador da Área de Vivenda do PPdeOU, Benito Iglesias; a concelleira do Concello de Ourense, Sonia Ogando; e Pilar Fernández, directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Na clausura, Luis Menor reivindicou as medidas nas que traballa o PP para procurar que máis persoas accedan a un piso, defendendo a  política de vivenda como “prioridade central de goberno” para que a cidadanía, en particular a mocidade, desenvolva o seu proxecto de vida “con dignidade e seguridade”. “Coas nosas propostas serias e rigorosas seremos quen de reducir esas 3.540 vivendas baleiras que hai aquí, no Carballiño, a quinta poboación da provincia con máis pisos pechados logo de Ourense, Xinzo de Limia, Verín e Allariz”, subliñou Menor centrando o escenario da vivenda na vila do Arenteiro.

Destacou tamén o presidente provincial que o pasado mes de marzo resolveuse a primeira convocatoria do Plan Provincial de Vivenda, con medio millón de euros dos que se van a beneficiar 14 concellos para adquisición, rehabilitación e mellora de vivendas destinadas ao alugueiro residencial. Un plan que na convocatoria de 2026, subliñou, eleva a súa dotación ata 1,2 millóns de euros.

Alberto Pazos: “Poñemos o foco nas familias de clase media, o motor de Galicia”

Pola súa banda, o portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos, puxo en valor as iniciativas do Goberno galego para facilitar o acceso “a un fogar”. Así, fixo fincapé en que “o 100% das novas vivendas” comprometidas polo Executivo de Alfonso Rueda para esta lexislatura “xa están en marcha”.

Do mesmo xeito, indicou que as propostas de incrementar o teito máximo de renda ata catro veces o Iprem –ata 4,5 veces no caso das familias numerosas-; e a de reservar o 30% das vivendas públicas en venda para as persoas de entre 36 e 45 anos, poñen o foco nas familias de clase media, “o motor de Galicia”.

Medidas para familias e propietarios

Benito Iglesias abriu a xornada recordando as medidas que sobre vivenda formulou o presidente Alfonso Rueda no Debate do Estado de Autonomía e que beneficiarán o 70 % da cidadanía ourensá. Vantaxes que se traducirán nun “verdadeiro balón de osíxeno para unha importante parte da poboación moi penalizada pola presión en impostos do Goberno central”.

Pola súa banda, Sonia Ogando destacou que o PP sitúa aos donos de vivendas como “parte da solución, en ningún caso culpables como está a facer o Estado”. Ogando falou dos seguros de impago para os propietarios que desexen sacar ao mercado de aluguer as súas vivendas, unha fórmula que medrou notablemente en Galicia ante a inseguridade xurídica actual fronte a “inquiokupación” e okupación.

Mentres, Pilar Fernández repasou as principais axudas da Xunta de Galicia para facilitar o acceso á vivenda, entre as que citou o programa Foga-vibo, para mobilizar vivendas baleiras, para a rehabilitación en municipios con poboación inferior a 5.000 habitantes; para adquisición de vivendas en cascos históricos; para vivenda protexida; e o plan de avais para menores de 35 anos para mercar o seu primeiro fogar.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.