Os alcaldes populares de San Xoán de Río, Manzaneda e Riós destacan no cumio da OCDE en Colombia “o xeito de coidar do rural que temos en Galicia”

Nas súas intervencións neste encontro, coa presenza de máis de 100 rexedores de varios países latinoamericanos, Xosé Miguel Pérez Blécua, Pedro Yáñez e Eva Barrio puxeron o rural ourensán como exemplo de economía circular en aspectos como a xestión da auga e do lixo, o uso das enerxías renovables ou a importancia da gandeiría nas comunidades locais

Pérez Blécua subliñou que este encontro “permitiunos ofrecer unha interesante visión de como se están a facer as cousas en Ourense e Galicia, detallando desde a perspectiva rural cales son as nosas prioridades, avances e desafíos”

24, abril, 2026

Os alcaldes populares de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blécua; Manzaneda, Pedro Yáñez; e a alcaldesa de Riós, Eva Barrio, participaron esta semana no Cumio Global de Economía Circular que se celebra na cidade colombiana de Ibagué, organizado pola OCDE (Organización Internacional para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico), onde destacaron o rural ourensán como exemplo de economía circular en aspectos como a xestión da auga e do lixo, o uso das enerxías renovables ou a importancia da gandeiría nas economías locais.

Os tres rexedores interviron nunha das sesións da oitava mesa redonda organizada neste cumio, onde se analizou a economía circular como unha aspiración para as comunidades locais, especialmente las latinoamericanas.

Trala intervención da delegación ourensá, o popular Xosé Miguel Pérez Blécua, destacou a excelente oportunidade que lles brindou este encontro da OCDE para poñer en valor “o xeito de coidar do rural que temos en Galicia”, achegando experiencias, exemplos concretos e mesmo desafíos nos seus respectivos territorios ante cuestións como o ciclo da auga; a xestión do lixo; a promoción de produtos tradicionais que marcan o sector primario nunha comarca, como é o caso da castaña; as vantaxes do uso de novas tecnoloxías para aumentar a eficiencia enerxética; ou o impacto positivo en múltiples aspectos que ten o fomento da gandeiría.

Pérez Blécua tamén subliñou a presenza neste cumio de máis de 100 alcaldes e alcaldesas da América latina, “o que nos permitiu ofrecer unha interesante visión de como se están a facer as cousas en Ourense e Galicia, detallando desde a perspectiva rural cales son as nosas prioridades, avances e desafíos que aínda temos que afrontar para seguir potenciando a economía circular”.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.