O PP do Irixo entra no goberno local asumindo a tenencia de alcaldía e tres áreas “para rematar coa parálise de xestión” no Concello

O pacto implica o cogoberno popular e que ten como obxectivo principal “rematar coa parálise no Concello, dándolle a estabilidade política e de xestión que nunca tivo desde o inicio do mandato”, subliña o portavoz popular Manuel Cerdeira

A concelleira popular María José Villanueva asume a Tenencia de Alcaldía, ademais da responsabilidade na área de Cultura., a concellería de Medio Rural recae sobre José Manuel Nogueira e Manuel Cerdeira atende as competencias de Emprego

Nas próximas semanas concretarase unha cuarta área de goberno para o grupo municipal popular

7, outubro, 2025

O Partido Popular do Irixo vén de asumir a tenencia de alcaldía do goberno municipal e tres áreas de xestión, logo do acordo alcanzado coa alcaldesa Rosa María Dalama, que preside a corporación local na compaña de María Dolores Fariñas, ambas como concelleiras non adscritas. Un pacto que implica o cogoberno popular no Irixo e que ten como obxectivo principal “rematar coa parálise no Concello, dándolle a estabilidade política e de xestión que nunca tivo desde o inicio do mandato”, subliña o portavoz popular Manuel Cerdeira

A concelleira popular María José Villanueva asume a Tenencia de Alcaldía, ademais da responsabilidade na área de Cultura. Mentres, a concellería de Medio Rural recae sobre José Manuel Nogueira, mentres que Manuel Cerdeira, atende as competencias de Emprego. Nas próximas semanas concretarase unha cuarta área de goberno para o grupo municipal popular.

O portavoz do grupo popular lembra que o PP non alcanzou a maioría absoluta nas eleccións locais de 2023 por tan só vinte votos, “facéndonos cargo do goberno local en minoría, como forza máis votada e por responsabilidade diante da veciñanza”. Dous meses e medio despois a oposición asinou unha moción de censura que apartou ao PP das responsabilidades de goberno, “e todo para abrir unha escura e triste etapa política no Irixo que levou ao Concello á parálise”.

Agora, o goberno local está dirixido por un “amplo equipo de persoas que coincidimos en querer deixar atrás os enfrontamentos políticos e traballar para o benestar da veciñanza”. A aprobación dos orzamentos municipais e dos plans de obras “demostran que estamos nese camiño”.

Manuel Cerdeira destaca ademais que, neste momento, o Partido Popular é a única formación política que goberna no Irixo, en tanto que a alcaldesa Rosa María Dalama e a concelleira María Dolores Fariñas -antes no PSOE- e o edil Juan Manuel Villanueva, ex concelleiro de Xuntos polo Irixo, forman parte dos non adscritos. Esta última formación, agora na oposición, só ten dous representantes.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.