O PP de Ourense convoca cinco congresos locais e aproba tres novas xestoras co obxectivo de chegar a 2027 como un partido “decisivo na provincia e na capital”

Na Xunta Directiva celebrada esta tarde, o presidente provincial, Luis Menor, destacou a “fortaleza e cohesión” que está a dar ao partido este proceso de actualización e consolidación, que cara o remate do ano terá facilitado xa a renovación da metade das agrupacións

Os congresos locais convocados son Laza; Trasmiras; Paderne de Allariz; Nogueira de Ramuín; e Gomesende

As xestoras son as de Celanova, que estará presidida por Javier Caldas; Maceda, con José Manuel Gil á cabeza; e Verín, con María Luisa Valladares como presidenta

14, outubro, 2025

A Xunta Directiva Provincial do Partido Popular de Ourense aprobou hoxe a convocatoria de cinco congresos locais e tres novas xestoras, co obxectivo de chegar ás eleccións municipais de 2027 como un partido “decisivo na provincia e na capital”, dixo o líder dos populares ourensáns, Luis Menor, quen destacou a “fortaleza e cohesion” que está a dar ao partido este proceso de actualización, renovación e consolidación.

Acompañado pola vicepresidenta, Marta Novoa, e a secretaria xeral, Sandra Quintas, o presidente provincial fixo balance do traballo orgánico realizado ata o momento, con 19 congresos locais xa celebrados para revalidar ou renovar os presidentes e equipos destas agrupacións, ademais das dez xestoras xa aprobadas. Ao remate do ano “chegaremos case á metade das agrupacións locais do PP de Ourense en proceso de actualización ou renovación”, subliñou Luis Menor.

Tamén apuntou o presidente “as exemplares transicións” nas alcaldías de Esgos e Xunqueira de Espadanedo, lamentando a moción de censura que apartou a Andrés Montesinos do Concello de Viana do Bolo. Subliñou ademais a a capacidade do PP para contribuír a poñer fin á parálise municipal no Irixo, onde os populares asumiron tenencia de alcaldía de tres competencias: ”A única formación política que está presente no propio goberno municipal é o Partido Popular”, advertiu para avalar que o PP é “un partido de goberno”.

Rematou Luis Menor a súa intervención ante a Xunta Directiva lembrando que os seus obxectivos para maio de 2027 pasan por ser “unha alternativa potente e decisiva no Concello de Ourense”, superar o listón de 53 alcaldías deste mandato (cogobernando en Xinzo de Limia, O Carballiño e agora O Irixo), e gobernar en solitario na Deputación, “cunha maioría absoluta que nos permita desenvolver o noso proxecto de provincia”.

Novos congresos locais e xestoras

Os congresos locais convocados na reunión desta tarde son Laza e Trasmiras (ambos a celebrar o 15 de novembro); Paderne de Allariz e Nogueira de Ramuín (día 22); e Gomesende (29).

Polo que respecta ás xestoras, estas son as de Celanova, que estará presidida por Javier Caldas; Maceda, con José Manuel Gil á cabeza; e Verín, con María Luisa Valladares como presidenta.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.