O PP de Ramirás inicia unha nova etapa coa posta en marcha dunha xestora que presidirá Manuel Alejandro Domínguez

O presidente provincial puxo deberes á nova dirección popular neste concello, subliñando que o obxectivo fundamental é “relanzar e ampliar o partido para recuperar o goberno municipal e as tradicionais maiorías obtidas noutras convocatorias electorais”

14, abril, 2026

Os afiliados do Partido Popular de Ramirás acordaron por unanimidade constituír unha xestora local á cuxa fronte estará Manuel Alejandro Domínguez, en substitución do ata de agora presidente da agrupación local, Juan Carlos Rodríguez Matías.

O presidente provincial, Luis Menor, que acudiu á reunión da militancia, valorou positivamente que a decisión de crear unha xestora adoptárase por unanimidade, “o que pon de manifesto a unidade que existe no PP de Ramirás”.

Menor puxo deberes á nova dirección popular neste concello, subliñando que o obxectivo fundamental é “relanzar e ampliar o partido para recuperar o goberno municipal e as tradicionais maiorías obtidas noutras convocatorias electorais”.

O líder dos populares ourensáns tivo palabras de agradecemento para Rodríguez Matías por todo o traballo realizado nestes máis de vinte anos na política municipal, tempo durante o que foi alcalde en minoría no mandato 2015-2019 “sendo quen de demostrar capacidade de diálogo e pacto para garantir os mellores servizos á veciñanza”.

Luis Menor lembrou que os resultados electorais en  2023 deixaron un complexo escenario no concello -tres edís para PP, socialistas e nacionalistas-, así como o incumprimento por parte da alcaldesa socialista do pacto polo debería ter cedido ao portavoz popular o bastón de mando en Ramirás en xuño de 2025.

O acordo de creación da xestora e da proposta para a súa presidencia terá que ser ratificada na próxima Xunta Directiva que convoque o Partido Popular de Ourense. Esta xestora fai a número 14 das creadas ata o momento en toda a provincia, que xunto coa vintena de congresos locais celebrados fai que case a metade das agrupacións locais do PP na provincia estean actualizadas ou en proceso de renovación.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.