O Grupo Municipal Popular lamenta que o goberno local permita a reapertura dunha discoteca que non cumpre a normativa vixente

“O local atópase no baixo dun edificio residencial e segue sen adaptarse ás normativas actuais en canto a accesibilidade, seguridade e protección. E continúa baixo as condicións vixentes de 1982, o que representa un grave risco”, explica a edil popular Sonia Ogando

“É importante, que ademais de cumprir os requisitos legais, o goberno local priorice os dereitos dos cidadáns e o benestar dos veciños, que verían seriamente afectada a súa calidade de vida”, sentencia a concelleira

Os populares, reafirmando o seu compromiso co benestar dos ourensáns e co respecto á legalidade, instan ao actual grupo de goberno a actuar con responsabilidade e a garantir que todos os establecementos da cidade operen baixo as condicións de seguridade e cumpran as normativas vixentes

30, xaneiro, 2025

Tras coñecer nas últimas semanas que a céntrica discoteca da Rúa Valle Inclán prepara a súa posible reapertura, o Grupo Municipal Popular quere lembrar que xa a finais do ano 2019, cando a concelleira popular, Sonia Ogando, tiña as competencias da concellería de Urbanismo, decretou o peche deste local ao constatar que, ademais de realizarse modificacións substanciais sen a debida autorización municipal, o local incumpría a normativa de seguridade e accesibilidade, o que poñía en risco tanto á clientela como aos veciños da zona. Nese mesmo momento a edil popular iniciou tamén os trámites para suspender a licenza.

O actual goberno, que non rematou os trámites para suspender a licenza, agora, podería reactivar a licenza de reapertura. “A discoteca, que se atopa no baixo dun edificio residencial, segue sen adaptarse ás normativas actuais en canto a accesibilidade, seguridade e protección. E continúa baixo as condicións vixentes de 1982, o que representa un grave risco”, explica a edil popular Sonia Ogando. 

Tal e como sabe o PP de primeira man, os veciños e veciñas da zona xa expresaron en múltiples ocasións a súa preocupación polas molestias e ruidos que causaría a reactivación desta discoteca nunha zona netamente residencial. “Neste caso é importante, que ademais de cumprir os requisitos legais, o goberno local priorice os dereitos dos cidadáns e o benestar dos veciños, que verían seriamente afectada a súa calidade de vida”, indica a concelleira

Por último, os populares, reafirmando o seu compromiso co benestar dos ourensáns e co respecto á legalidade, instan ao actual grupo de goberno a actuar con responsabilidade e a garantir que todos os establecementos da cidade operen baixo as condicións de seguridade e cumprimento ás normativas vixentes.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.