O Goberno socialista non compromete data para finalizar o primeiro tramo do Variante Norte e atrasa deliberadamente ou abandona os demais tramos a autovía A-56, Ourense-Lugo

Tres anos e seis meses despois do inicio das obras do tramo Eirasvedras-Quintela, o Goberno “é incapaz de comprometer unha data de finalización, oculta a porcentaxe de execución das obras e confima que aínda non comezaron a executar os dous viadutos singulares deste tramo”, afirma o dipuado Celso Delgado

21 meses despois segue pendente a aprobación do proxecto de construción do tramo Quintela- A Casa, esencial para a continuidade do Variante Norte.

Confírmase que o Goberno de Pedro Sánchez desiste de executar o tan necesario proxecto do tramo Cambeo-Sanmartiño.

23, outubro, 2025

A autovía A-56 Ourense-Lugo só ten,  desde setembro de 2020, un tramo en servizo que é o que vai desde A Barrela (Carballedo) ata San Martiño (Vilamarín), de 8,8 km (8,3 km na provincia de Lugo e 0,5 km en Ourense. Un tramo que quedou illado e sen funcionalidade para a mobilidade e o transporte.

En setembro de 2025 os deputados ourensáns do PP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, rexistraron no Congreso unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno demandando respostas escritas sobre a situación dos tramos ourensáns da autovía A-56 Ourense-Lugo, atrasados ou abandonados polo executivo de Pedro Sánchez.

Sobre a ligazón de Eirasvedras coa N-120 – Ligazón de Quintela coa N-120  (1,7 km), o Goberno acredita unha total falta de transparencia xa que non responde a ningunha das tres concretas preguntas que formulamos sobre a evolución das obras deste tramo: Non se facilita información sobre a data que estima o MITMA para a conclusión das obras e tampouco dá información sobre a porcentaxe de execución das obras. Confírmase que non comezaron xa neste tramo os traballos das súas obras singulares, un viaduto sobre a N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos-Vigo (Viaduto de Quintela), unha nova ponte sobre o Río do Porto e dous pasos inferiores, un baixo o tronco e outro baixo un dos ramais da ligazón de Quintela, que permitirá o cruzamento deste ramal sobre o ferrocarril Monforte de Lemos-Vigo.

Resulta enormemente preocupante a lentitude coa que avanzan estas obras de tan só 1,7 km de lonxitude e a falta de expectativas de conclusión. Todo indica que tampouco concluirán en 2026

En definitiva o goberno Pedro Sánchez acredita o seu desinterese en impulsar o Variante Norte a pesar da importancia que ten para a cidade de Ourense, posto que unha vez executada solucionaría os problemas dá alta intensidade de tráfico que existen e posibilitaría o proxecto municipal de conversión do tramo liberado da N-120 nun boulevard termal, tan ansiado polos ourensáns.

Acerca da ligazón de Quintela coa N-120 – Ligazón da Casa coa N-525 (3,1 km.), sinalar que transcorreron xa 21 meses e o Goberno segue sen dar data de aprobación definitiva do proxecto de construción nin tampouco compromete data algunha de licitación de obras no presenta ano 2025. A resposta é pois moi decepcionante e acredita o desinterese do Goberno socialista por desenvolver o segundo e último tramo do variante norte de Ourense.

Sobre o tramo A Casa-Cambeo, transcorreron xa máis de 19 meses desde a aprobación do expediente de información pública e do proxecto de trazado e aínda segue sen concluír a redacción do citado Proxecto de construción. Consideramos que esta é unha demora excesiva, á que o MITMA debe poñer fin.

E sobre o tramo Cambeo- Sanmartiño, sinalar que a resposta non pode ser máis decepcionante e expresa o abandono e a indolencia do Mitma en relación co impulso deste fundamental tramo que daría funcionalidade ao único tramo aberto ao público que é o da Barrela-Sanmartiño. Por certo, un tramo insistentemente demandado pola plataforma de impulso da autovía Ourense-Lugo, integrada por empresarios e alcaldes dos concellos ourensáns e lucenses afectados.

Lembramos que o pasado 3 de marzo de 2025 o Goberno respondíanos sobre esta tramo o seguinte: “En relación co asunto interesado, sinálase que se está tramitando a resolución de contrato; non se pode concretar unha data de licitación do novo contrato, as licitacións dependen das dispoñibilidades orzamentarias do momento e a priorización de actuacións no conxunto da Rede de Estradas do Estado”

Agora o MITMA confirma que despois de 39 meses de demora han resolvido o contrato, pero omiten calquera referencia á licitación dun novo contrato de servizos para proseguir coa redacción do proxecto do tramo Cambeo- Sanmartiño da Autovía A-56. En definitive, certifica o MITMA que non executará este tramo.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.