O PP da cidade de Ourense promove o diálogo plural sobre a dixitalización como oportunidade e reto para a comunidade educativa

A xornada “A educación dixital nas aulas” reuniu a representantes da administración educativa, profesorado, equipos directivos, universidade e ANPAS para analizar o impacto das tecnoloxías nas aulas

A presidenta da Xestora Local do PP de Ourense, Ana Méndez, puxo en valor o compromiso do PP cunha política baseada na escoita, no rigor e na planificación: “Crear espazos de debate plurais coma este e tomar nota das vosas ideas é fundamental para nós, porque nos axuda a crear o noso proxecto de cidade, un proxecto no que son imprescindibles as vosas propostas de mellora para seguir avanzando, neste caso no ámbito educativo”, destacou

O presidente provincial, Luis Menor, proclamou que a Xestora Local da cidade “está demostrando a súa capacidade de traballo, de innovación e de compromiso cos temas que de verdade lle preocupan á cidadanía, con actos sectoriais importantísimos para profundar en asuntos que son clave para facer un mellor Ourense entre todos e todas”

27, xaneiro, 2026

O Partido Popular da cidade de Ourense celebrou este martes no Centro Cultural Marcos Valcárcel a xornada “A educación dixital nas aulas”, un foro de reflexión e diálogo centrado no papel que xogan as tecnoloxías no ámbito educativo, analizando tanto as oportunidades como os retos que supón a súa

integración no ensino. No encontro participaron representantes da administración educativa, profesorado, equipos directivos, universidade e ANPAS.

A presidenta da Xestora Local do PP da Cidade de Ourense, Ana Méndez, foi a encargada de dar a benvida ao acto, destacando que “se hai un pilar fundamental para o presente e o futuro de calquera sociedade, ese é, sen dúbida, a educación”.

Ana Méndez puxo en valor o compromiso do Partido Popular cunha política baseada na escoita, no rigor e na planificación. “Crear espazos de debate plurais coma este, escoitarvos e tomar nota das vosas ideas é fundamental para nós, porque nos axuda a construír o noso proxecto de cidade, un proxecto no que son imprescindibles as vosas propostas de mellora para seguir avanzando, neste caso no ámbito educativo”, subliñou.

Neste senso, salientou a pluralidade de voces presentes no encontro, sinalando que “esta diversidade de perfís fai que este foro sexa unha oportunidade magnífica para poñer sobre a mesa distintas experiencias, puntos de vista e propostas que enriquecen o debate”. “Só escoitando a quen está cada día nas aulas e ás familias poderemos construír un modelo educativo mellor e máis preparado para o futuro”, engadiu.

Luis Menor pon en valor a capacidade de traballo da xestora

Pola súa banda, o presidente provincial, Luis Menor, proclamou que a Xestora Local da cidade “está demostrando a súa capacidade de traballo, de innovación e de compromiso cos temas que de verdade lle preocupan á cidadanía, con actos sectoriais importantísimos para profundar en asuntos que son clave para facer un mellor Ourense entre todos e todas”.

No caso concreto do encontro desta tarde, Menor lembrou a decisión, coñecida hoxe, de que Francia prohibirá o acceso ás redes sociais aos menores de 15 anos, sendo así o segundo país do mundo en facelo por detrás de Australia: “Isto amósanos que a dixitalización non é un xogo. É unha ferramenta poderosa, pero tamén un desafío ético e social”, sinalou, ao tempo que deixou claro que o Partido Popular “cre nunha educación de calidade e excelencia, onde a tecnoloxía estea ao servizo do coñecemento e non ao revés”.

Durante a xornada abordáronse cuestións como o uso de plataformas, libros dixitais, dispositivos electrónicos e mesmo teléfonos móbiles como apoio á labor educativa, así como en que medida estas ferramentas favorecen a adquisición de competencias, en que ámbitos son máis útiles e en cales presentan limitacións.

Baixo a pregunta “Perigo ou oportunidade?”, o foro puxo tamén sobre a mesa o debate sobre o control do uso das pantallas nas aulas e a protección dos menores fronte ao abuso dos dispositivos dixitais.

Un amplo abano de participantes

A xornada contou coa participación de representantes de distintos ámbitos da comunidade educativa, que achegaron a súa visión desde diferentes perspectivas, como como Judith Fernández, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa; Mª Jesús Casado, docente da Consellería  de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; José Manuel Rego, director do CEIP Manuel Sueiro; Nuria Rodríguez López, profesora da Universidade de Vigo; Elisabet María Novoa González, profesora de Física e doctoranda en Ciencias da Educación; Representantes das ANPAS do CPI Terra de Maside, do CPR Guillermo Brown e do CPR Santo Ángel. O debate estivo moderado por Jorge Rubén Sampedro, director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.