Manuel Pérez asume a presidencia do Partido Popular de Paderne de Allariz

No congreso celebrado pola agrupación local, o tamén alcalde reivindicou unha agrupación unida, forte e presente na vida local, afirmou que “moitas cousas soluciónanse escoitando” e apelou a traballar “polo ben común de Paderne”.

O presidente provincial, Luis Menor, puxo ao PP de Paderne de Allariz como un dos exemplos de “relevo ordenado e de confianza que temos no partido”, froito desa “canteira” de persoas que dan un paso á fronte para participar na vida política local “e facelo con vocación de servizo”

23, novembro, 2025

Manuel Pérez Nóvoa (Paderne, 1959) foi elixido presidente do Partido Popular de Paderne de Allariz no congreso celebrado pola agrupación local, onde formulou como principal compromiso iniciar unha renovación do partido “cunha maior implicación da militancia”.

Acompañado polo presidente provincial, Luis Menor; a vicepresidenta Marta Novoa; e a secretaria xeral, Sandra Quintas, o tamén alcalde reivindicou unha agrupación unida, forte e presente na vida local. Afirmou que “moitas cousas soluciónanse escoitando”, apelando ademais a traballar “polo ben común de Paderne”. Tamén tivo palabras de recoñecemento para José Manuel Fernández, a quen substituíu na alcaldía meses antes das eleccións municipais de 2023, “a persoa que me fixo estar en política e chegar onde estou”.

Luis Menor, pola súa banda, puxo ao PP de Paderne de Allariz como un dos exemplos de “relevo ordenado e de confianza que temos no partido”, primeiro na alcaldía e agora na agrupación local. Unha transición que é froito, afirmou, desa “canteira” de persoas que dan un paso á fronte para participar na vida política local “e facelo con vocación de servizo”.

O presidente provincial valorou a aposta de Manuel Pérez por involucrar á militancia e consolidar un “partido sólido e unido” nun concello cun goberno estable, para o que compre “seguir mantendo a confianza dos veciños”.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.