O Concello de Verín renuncia as axudas da Xunta de Galicia para a construción dunha escola infantil con fondos europeos

A mala xestión do Goberno local do PSOE e BNG ocasiona a perda dunha subvención de 700.000 euros e deixa a Verín sen un servizo demandado pola cidadanía

10, marzo, 2026

Un novo anuncio e unha nova promesa incumprida. Verín non contará cunha escola infantil no ano 2026. E todo porque o bipartito do PSOE e BNG non foi capaz de executar o proxecto cumprindo cos prazos establecidos na convocatoria da Xunta de Galicia, o que levou finalmente á renuncia, por escrito, aos fondos europeos destinados a esta infraestrutura.

Xa no ano 2023, e ante unha pregunta formulada no Parlamento de Galicia por deputados do BNG, entre eles Diego Lourenzo, na que se reclamaba a creación dunha escola infantil para Verín, a Xunta de Galicia lembraba a existencia dunha convocatoria aberta de 34 M€ destinada aos concellos galegos para construír ou ampliar escolas infantís municipais.

A pesar de existir unha oportunidade clara para financiar esta infraestrutura con fondos europeos, o Goberno municipal do PSOE e BNG non solicitou estas axudas ata o ano 2025, mentres outros concellos galegos aproveitaron esta convocatoria para crear novas prazas de educación infantil.

No ano 2024, durante unha visita ás instalacións dunha entidade social de Verín, as responsables da mesma preguntaron á conselleira de Política Social, ao delegado territorial da Xunta en Ourense, ao director xeral de Familia e Infancia e ao deputado autonómico verinés Víctor Baladrón, sobre a posibilidade de crear unha escola infantil no municipio. Nese momento explicouse que o Concello de Verín podía acceder a estes fondos europeos para construír unha escola infantil, tal e como xa fixeran outros concellos galegos.

Poucos días despois, e xusto antes de rematar o prazo da convocatoria, o Goberno municipal POSE e BNG decidiu solicitar as axudas e comezou a anunciar publicamente a construción dunha escola infantil de 82 prazas para nenos de 0 a 3 anos, asegurando incluso que podería estar en funcionamento no ano 2026.

Con todo, aqueles anuncios quedaron finalmente en promesas incumpridas. Cambios continuos na localización do proxecto, ausencia dunha planificación clara, falta de capacidade de xestión e o incumprimento dos prazos de execución e xustificación establecidos na convocatoria -a pesar de que estes foron ampliados ata en dúas ocasións- provocaron que o proxecto non saíse adiante.

Esta nefasta xestión do bipartito PSOE e BNG acabou coa renuncia formal aos fondos europeos destinados á construción da escola infantil. Unha decisión que supón perder 700.000 euros de subvención e, o que é máis grave, deixar a Verín sen un servizo moi demandado polas familias do municipio.

Verín perde así unha oportunidade histórica para mellora os servizos públicos e apoiar á conciliación das familias, mentres outros concellos galegos si souberon aproveitar estes fondos europeos para ampliar a súa rede de escolas infantís.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.