A militancia escolle ao concelleiro Raúl Soto como novo presidente do PP de Nogueira de Ramuín

No congreso celebrdo pola agrupación local, Luis Menor fixo unha chamada á participación na política local como un dos piares a coidar, xunto coa incorporación da mocidade, para que o PP siga gobernando en Nogueira de Ramuín e dándolle ao Concello “a estabilidade que ten hai décadas”

Agradecido á militancia local polo apoio e á dirección provincial pola confianza, Raúl Soto dixo sentirse “ilusionado” ante esta nova etapa para conseguir un partido que “fomente activamente” a participación de militantes e simpatizantes

25, novembro, 2025

O concelleiro Raúl Soto Martínez (Luíntra, 1973) foi elixido novo presidente do Partido Popular de Nogueira de Ramuín, durante o congreso celebrado por esta agrupación local e que contou coa participación do presidente provincial, Luis Menor; a vicepresidente, Marta Novoa; e a secretaria xeral, Sandra Quintas.

Luis Menor fixo unha chamada á participación na política local como un dos piares a coidar, xunto coa incorporación da mocidade, para que o PP siga gobernando en Nogueira de Ramuín e dándolle ao Concello “a estabilidade que ten hai décadas”. Coa elección de Raúl Soto, afirmou o presidente provincial, ábrese unha nova etapa no PP local que “ten que contribuír nas eleccións 2027 a superar as 53 alcaldías actuais e recuperar a maioría absoluta na Deputación”.

Luis Menor destacou que estes congresos serven para manter activo o partido ante calquera convocatoria electoral: “Compre estar alerta ante os continuos episodios de degradación política e moral que salpican, día si e día tamén, ao PSOE”.

Agradecido á militancia local polo apoio e á dirección provincial pola confianza, Raúl Soto dixo sentirse “ilusionado” ante esta nova etapa para conseguir un partido que “fomente activamente” a participación de militantes e simpatizantes. O xa presidente da agrupación local explicou que traballará ao carón do alcalde para conseguir dous dos obxectivos máis importantes que, o seu entender, ten Nogueira de Ramuín: ofrecer maior benestar aos maiores e mostrar á mocidade un rural atractivo para vivir e traballar.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.