
18, setembro, 2026
O Partido Popular de Verín mantivo hoxe unha reunión coa Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (Aever) para coñecer de primeira man as demandas do comercio e tecido produtivo local. “É moi importante escoitar as necesidades de Aever, porque son unha peza fundamental para o impulso da economía local”, sinalou o candidato á Alcaldía e deputado autonómico, Víctor Baladrón.
Xunto a el, participaron na reunión os futuros concelleiros populares Bernardo Rodríguez, Tamara Velázquez e Tino Cid, así como outros membros da Xunta Xestora do PP de Verín. Como lle sinalaron á directiva de Aever, “apoiamos as iniciativas da asociación e todo o traballo que fan para reforzar o comercio local, unha peza fundamental para a nosa vila e as familias verinesas”, engaden os populares.