Arquivo anual: %s 2026

este artigo

José Antonio Cerdeira asume o liderado da xestora local do Partido Popular do Carballiño

O relevo produciuse nunha reunión á que asistiu o presidente do PP de Ourense, Luis Menor, que pediu ao novo presidente dos populares carballiñeses que manteña o partido “plenamente activo e mobilizado, agora que entramos na recta final do mandato local” En substitución de Jaime Pérez, que dá o relevo […]

O Grupo Provincial do PP insta ao Goberno de Sánchez a flexibilizar os criterios para a regularización extraordinaria de migrantes

A portavoz do Grupo Provincial do PP, Patricia Torres, acompañada polo presidente da Asociación Alma Llanera, Lorenzo González, presentou hoxe os detalles da moción na que pide ao Goberno de España que adapte estes criterios á realidade social da provincia de Ourense e garantir a inclusión do maior número posible […]

Rueda enxalza a política de “unidade, humildade e boa xestión” do PP de Ourense nunha romaría popular que reivindica o “éxito” para gañar nas urnas

O Partido Popular de Ourense celebrou a primeira Romaría Popular no pavillón polideportivo Paco Chao do Carballiño, con 1.500 persoas O presidente dos populares galegos anima á militancia e aos simpatizantes a “seguir traballando con seriedade, rigor e escoitando a xente” de cara ás próximas eleccións Luis Menor pídelles aos […]

Os deputados do PP de Ourense piden ao Goberno que reconsidere “de forma inmediata” o peche do cuartel da Garda Civil de Trasmiras, advertindo dunha “drástica redución da seguridade” na contorna

Os representantes no Congreso, Ana Vázquez, Celso Delgado e Rosa Quintana visitaron Trasmiras para presentar unha Proposición non de lei, acompañados polo alcalde, Emilio Pazos, e polo o rexedor de Sarreaus, Gumersindo Lamas, municipio tamén afectado directamente polo peche do posto A iniciativa subliña que a presenza da Garda Civil […]

O Partido Popular reforza no Senado a súa iniciativa para incluír a balneoterapia como tratamento terapéutico na carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde

A proposta fai especial fincapé en que esta iniciativa impulsaría o desenvolvemento de territorios como Ourense, a provincia de maior potencial termal de Europa e que ostenta o título de Capital Termal de Galicia, segundo un acordo adoptado de forma unánime polo Pleno do Parlamento de Galicia en maio de […]

Rueda reivindica en Ourense o ADN do “sentidiño” e da “estabilidade” do PPdeG, coa “máquina” de gañar eleccións “sempre engraxada” de cara a municipais e xerais

Na Xunta Directiva Provincial do PP de Ourense, o líder dos populares galegos enxalza o apoio dos votantes nas urnas ao Partido Popular, aínda que chama a “intensificar” esforzos e “non dar todo por perdido e, menos, todo por gañado” Destaca tamén a transformación da comunidade, “unha rexión que xa […]

O PP de Ourense defende a política de vivenda como “unha prioridade central de goberno” para que a cidadanía desenvolva o seu proxecto de vida “con dignidade e seguridade”

No Carballiño, na quinta xornada sobre vivenda coa presenza do presidente provincial, Luis Menor, e o portavoz do grupo parlamentario popular na Cámara galega, Alberto Pazos “Coas nosas propostas serias e rigorosas seremos quen de reducir esas 3.540 vivendas baleiras que no Carballiño”, a quinta poboación da provincia con máis […]

Os alcaldes populares de San Xoán de Río, Manzaneda e Riós destacan no cumio da OCDE en Colombia “o xeito de coidar do rural que temos en Galicia”

Nas súas intervencións neste encontro, coa presenza de máis de 100 rexedores de varios países latinoamericanos, Xosé Miguel Pérez Blécua, Pedro Yáñez e Eva Barrio puxeron o rural ourensán como exemplo de economía circular en aspectos como a xestión da auga e do lixo, o uso das enerxías renovables ou […]

O PP esixe ao Gobierno o reforzo urxente de persoal administrativo nas unidades de documentación e estranxeiría de Ourense, Verín e O Barco para evitar o seu colapso

Nunha Proposición non de lei presentada no Congreso, os populares denuncian que a falta de funcionarios dos corpos xerais obriga a detraer a policías nacionais dos seus labores operativos para realizar trámites administrativos A formación advirte de que a situación se agravará co proceso de regularización masiva de inmigrantes previsto […]