Ana Méndez Gil reivindica que Ourense merece volver ser unha cidade líder, deixando atrás a improvisación e o espectáculo no que está instalado o Concello

“Ofrézolle aos ourensáns e ás ourensás un proxecto serio, rigoroso e con visión de cidade e futuro. Un proxecto construído desde o diálogo e desde un profundo coñecemento da realidade da cidade e dos problemas dos veciños; froito de meses de traballo e de escoita”, afirmou a candidata popular

“A nosa cidade necesita un goberno que resolva os problemas da xente. Que dea explicacións en lugar de poñer escusas. Que substitúa o ruído pola xestión e que volva poñer á cidadanía no centro de todas as decisións, non os intereses persoais”, destacou

“Quero ser a alcaldesa de todos os ourensáns. Dos que confían en nós desde hai anos e tamén dos que nunca nos votaron”, concluíu

22, xullo, 2026

A candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ourense, Ana Méndez Gil, ofreceu esta mañá a súa primeira rolda de prensa tras ser proclamada oficialmente candidata. Unha comparecencia na que reafirmou o seu compromiso coa cidade e marcou as liñas do proxecto político co que o Partido Popular concorrerá ás eleccións municipais de 2027.

A voceira do Grupo Municipal Popular asegurou que afronta esta nova etapa “con moitísimo orgullo e ilusión, pero sobre todo con moita responsabilidade e cunha enorme determinación”, ao considerar que ser candidata “non é un título, senón un compromiso coa cidade na que nacín, na que vivo e na que quero seguir construíndo o meu futuro”.

A candidata popular reivindicou que Ourense “merece recuperar a confianza, a ilusión e a ambición por volver ser unha cidade líder” e defendeu a necesidade dun goberno “que resolva os problemas da xente. Que dea explicacións en lugar de poñer escusas. Que substitúa o ruído e o espectáculo pola xestión e que volva poñer á cidadanía no centro de todas as decisións, non os intereses persoais”.

Durante a súa intervención, destacou que “Ourense ten un enorme potencial, pero leva demasiado tempo desaproveitándoo”. Neste sentido, tamén sinalou que a cidade necesita políticas que faciliten o acceso á vivenda aos mozos, un transporte público moderno e útil, servizos sociais máis eficaces, barrios coidados, apoio ao pequeno comercio, máis investimento e emprego, así como aproveitar todo o potencial do termalismo, da cultura e do patrimonio.

Neste contexto, Ana Méndez Gil explicou que o proxecto do Partido Popular “non nace nun despacho”, senón “da rúa, do diálogo e do coñecemento profundo da realidade de Ourense”. A candidata puxo en valor o traballo que se está a desenvolver desde os grupos de traballo dos distintos distritos da cidade, que están a percorrer os barrios e mantendo contacto directo cos veciños para coñecer de primeira man as súas preocupacións, necesidades e propostas.

Ademais, explicou que “temos tamén grupos sectoriais, formados por profesionais e persoas con experiencia en cada materia, que están a traballar en diferentes ámbitos fundamentais para o futuro da cidade e que levan meses convertendo esa escoita en propostas e solucións concretas”.

Fronte ao Goberno actual, Ana Méndez Gil ofrece aos ourensáns e ás ourensás “un proxecto serio, rigoroso e con visión de cidade e de futuro; sen improvisacións”. Un proxecto, subliñou, “construído desde o diálogo e desde un profundo coñecemento da realidade da cidade e dos problemas dos veciños; froito de meses de traballo e de escoita”.

Por último, a popular recalcou que a súa candidatura “non é un proxecto persoal”, senón “un proxecto colectivo no que cabe toda a xente que, como min, está convencida de que Ourense merece moito máis”.

“Quero ser a alcaldesa de todos eses ourensáns. Dos que confían en nós desde hai anos e tamén dos que nunca nos votaron. Estou convencida de que Ourense pode volver ser unha cidade líder, unha cidade que avance e da que todos sintamos orgullo”, concluíu Ana Méndez Gil.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.