PP

este artigo

O PP de Vilar de Santos critica a situación de “ingobernabilidade e inestabilidade política” con 3 alcaldes do BNG neste mandato, sen orzamentos actualizados e con retrasos na aprobación de contas

Tralo último pleno celebrado pola corporación, no que tamén renunciou á acta a edil nacionalista Raquel Coello, a concelleira popular, Mónica Quintas, denuncia que estas continúas crises de goberno xustifícanse por motivos persoais, “cando a realidade é que existen problemas internos que están a dificultar unha xestión municipal estable e […]

Fronte común dos deputados do PP de Ourense e Lugo ante a falta de avances do Goberno de Sánchez na rehabilitación do firme “absolutamente deteriorado” da N-540

Nunha nova iniciativa parlamentaria ante as respostas “claramente insuficientes” sobre o proxecto de mellora desta estrada Esta é a segunda vez no presente ano en que as deputadas e deputados populares solicitan información ao Goberno sobre a rehabilitación da vía, para un proxecto que ten “un prazo de contrato enorme: […]

O PP denuncia a condena e discriminación a Ourense polo deseño “centralista e urbanita” da alta velocidade do Goberno

Nunha pregunta ao ministro de Transportes na sesión de control ao Goberno, a senadora Rosa Sánchez Gándara afirma que a supresión de 16 trens semanais na Gudiña supón “a exclusión dos núcleos de poboación rural e unha vulneración da igualdade” “Os ourensáns non son cidadáns de segunda nin perdedores, pagan […]

Andrés Montesinos: “Esta moción de censura non responde á falta de xestión, senón á obsesión de dous grupos políticos por desaloxar a un goberno honesto, capaz e traballador”

O alcalde saínte fixo un repaso da acción do goberno municipal, destacando a resolución dos problemas co Servizo de Axuda no Fogar e a aprobación dos orzamentos hai apenas dous meses. Lamentou que PSOE e BNG “sempre preferiron entorpecer máis que solucionar os problemas que lle afectan á veciñanza de […]

Luis Menor subliña que os populares de Ourense “gañan peso” na estrutura nacional tralos nomeamentos de Rodríguez Miranda en materia de Exterior e Ana Vázquez en Interior

O PP de Ourense “sae claramente reforzado deste comité”, afirma o presidente provincial, lembrando a súa elección como membro do Comité Executivo e a presenza da vicepresidenta dos populares ourensáns, Marta Novoa, en calidade de alcaldesa de San Cibrao das Viñas, na Xunta Directiva O presidente do PP, Alberto Núñez […]

Luis Menor cualifica como “referencia” a estabilidade política e municipal lograda por Luciano Rivero en Cualedro, onde repite como líder da agrupación local dos populares

O presidente provincial felicitou ao presidente do PP de Cualedro polas súas maiorías absolutas á fronte da alcaldía deste concello desde hai 18 anos e asegurou que esta é a senda a seguir para que en 2027 o PP logre máis das 55 alcaldías actuais e a maioría absoluta na […]

O Grupo Municipal do PP reitera a súa denuncia pola inseguridade en Ourense e acusa o Goberno central de incumprir a súa promesa de máis policías

Os edís populares escoitan as demandas de veciños como os do Pino, ante un novo foco de ocupación ilegal Desde o Partido Popular de Ourense esixen ao Goberno central que reforce de inmediato o persoal da Policia Nacional e reclaman ao concello que actúe con urxencia na limpeza, vixilancia e […]

Deputados do PP de Ourense e León denuncian que finalizado o primeiro semestre de 2025 segue sen licitar o primeiro tramo da A-76 entre Villamartín da Abadía e Requejo

Lembran que o goberno de Sánchez incumpriu flagrantemente os compromisos de licitar estas obras, primeiro en 2023 e logo en 2024 “O Goberno xa non pode seguir dando escusas nin seguir coa repetitiva mención de que ” afirma Celso Delgado Denuncian que os socialistas bercianos e valdeorreses seguen sen alzar […]