O Partido Popular de Vilardevós denuncia a falta de limpeza e desbroce de maleza nos pobos do concello

O Partido Popular de Vilardevós denuncia a falta de limpeza e desbroce de maleza nos pobos do concello. En concreto no pobo de Vilardevós é a propia veciñanza a que se ve na obriga de realizar estas tarefas ante a pasividade do grupo de goberno, organizándose en brigadas de limpeza voluntaria para adecentar o pobo cos seus medios.

10, xullo, 2025

Desde o PP denunciamos que o Concello non cumpre coa obrigatoriedade de manter limpas e en bo estado as rúas e zonas comúns, traballos para os que ocnta nestes momentos con  5 peóns,  1 chófer de desbrozadora e 1 tractor municipal.

Esta falta de limpeza está a xerar a acumulación de lixo e maleza creando un entorno desagradable para os habitantes deste lugar, o que se extende a todos os pobos do Concello.

Dende o grupo municipal popular esiximos que o Goberno local tome medidas ante esta situación o dispoña os medios e persoal suficiente para levar a cabo ditas tarefas e asegurar o benestar das nosas xentes.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.