Deputados do PP de Ourense e León denuncian que finalizado o primeiro semestre de 2025 segue sen licitar o primeiro tramo da A-76 entre Villamartín da Abadía e Requejo

Lembran que o goberno de Sánchez incumpriu flagrantemente os compromisos de licitar estas obras, primeiro en 2023 e logo en 2024

“O Goberno xa non pode seguir dando escusas nin seguir coa repetitiva mención de que ” afirma Celso Delgado

Denuncian que os socialistas bercianos e valdeorreses seguen sen alzar a voz contra o deprecio do executivo a esta vital infraestrutura

2, xullo, 2025

O pasado 22 de abril os deputados populares polas provincias de Ourense e León, Celso Delgado, Ana Vázquez, Rosa Quintana, Ester Muñoz e Silvia Franco rexistraron no Congreso estas preguntas dirixidas ao Goberno:

“O 2 de marzo de 2023, o secretario xeral de Infraestruturas, dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA), Xavier Flores, visitou os traballos da estrada de circunvalación do Barco de Valdeorras e atendendo a preguntas dos medios de comunicación sobre os tramos pendentes da autovía Ourense-Ponferrada  respondeu: “Este ano pasaremos dos proxectos a que salga a licitación a obra do tramo Villamartín da Abadía-Requejo”.

O 30 de xullo de 2024 o ministerio difundiu unha nota de prensa que entre outros extremos dicía que “o secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sostible, José Antonio Santano, anunciou que está previsto que o proxecto de construción do primeiro dos trece tramos da A-76 estea listo para aprobación a finais de 2024 e posterior licitación, en concreto o tramo leonés Villamartín da Abadía e Requejo. Este tramo enmárcase no proxecto da A-76 para unir as provincias de León e Ourense polo Bierzo.”

O 30 de decembro de 2024 o ministro de Óscar Puente presidiu a posta en servizo completa dos novos viadutos do Castro da autovía A-6. Na nota de prensa difundida polo MITMA fíxose referencia a outros temas de mobilidade de Galicia e Castela e León, sinalándose que “as infraestruturas cohesionan territorios, ofrecen oportunidades aos cidadáns e corrixen desigualdades, tal e como sinalou o ministro.”

Pero non se citou entre esas infraestruturas de estradas cohesionadoras á A-76- En todo caso, escoitado o audio das palabras do ministro Óscar Puente nese acto inaugural, houbo unha leve referencia á autovía Ourense-Ponferrada. Foi esta: “Na A-76 seguimos mantendo o compromiso de materialización do seu primeiro tramo para conectar coa A-6” Unha referencia pobre, sen concreción algunha de data de licitación ou da aprobación do proxecto de construción.

O 21 de febreiro de 2025 o Goberno respondeu á nosa pregunta sobre este tramo e dixo: “En relación co asunto interesado, sinálase que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible ten en redacción o proxecto do tramo Villamartín da Abadía-Requejo (provincia de León), correspondente á autovía A-76 (PonferradaOurense).

Consumimos xa o primeiro trimestre de 2025 e consideramos que o Goberno xa non pode seguir dando escusas nin seguir coa repetitiva mención de que “ten o proxecto en redacción”.

Exposto o anterior preguntamos:

En que mes de 2025 comprométese o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a aprobar o proxecto de construción do primeiro tramo da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) entre Villamartín da Abadía e Requejo?

En que mes de 2025 comprométese o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a licitar as obras do primeiro tramo da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) entre Villamartín da Abadía e Requejo?

A sucinta resposta do Goberno chegou o 6 de xuño: “En relación co asunto interesado, sinálase que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a terminar de redactar o proxecto do primeiro tramo da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) entre Villamartín da Abadía e Requejo”.

VALORACIÓN

Vencido xa o primeiro semestre de 2025, o Goberno socialista négase a dar resposta ás preguntas concretas sobre as datas que compromete para  aprobar o proxecto de construción e para licitar as obras.

Unha vez máis, como única resposta recibimos a reiterativa e xenérica de que se “está terminando de redactar o proxecto”

O Ministerio que dirixe Óscar Puente xa non pode enganar a ninguén, subliña Celso Delgado, pois “a realidade é que non queren licitar as obras do primeiro tramo da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) entre Villamartín da Abadía e Requejo”.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.