O PP denuncia a condena e discriminación a Ourense polo deseño “centralista e urbanita” da alta velocidade do Goberno

Nunha pregunta ao ministro de Transportes na sesión de control ao Goberno, a senadora Rosa Sánchez Gándara afirma que a supresión de 16 trens semanais na Gudiña supón “a exclusión dos núcleos de poboación rural e unha vulneración da igualdade”

“Os ourensáns non son cidadáns de segunda nin perdedores, pagan os seus impostos e non poden permitir que se xustifique este prexuízo irreparable sen ningún tipo de solucións alternativas”, reclama

16, setembro, 2025

A senadora do Grupo Parlamentario Popular por Ourense, Rosa María Sánchez Gándara, denuncia o modelo “centralista e urbanita” da alta velocidade do Goberno de Pedro Sánchez, que “condena e discrimina” á provincia de Ourense. Así de contundente móstrase a senadora popular nunha pregunta oral ao ministro de Transportes, Óscar Puente, na sesión de control ao Goberno celebrada na Cámara Alta.

“Hai menos de dúas semanas defendeu un modelo de alta velocidade deseñado exclusivamente para grandes núcleos de poboación, manifestando que non é un modelo de vertebración territorial, nin un servizo público. Ver para crer, señor ministro”, critica a senadora galega.

Sánchez Gándara considera que a supresión de 16 trens á semana na Gudiña supón “a exclusión dos núcleos de poboación rural das frecuencias e liñas de alta velocidade e constitúe unha vulneración do principio de igualdade territorial”.

“Impide o desenvolvemento de varias comarcas, condena a mobilidade de miles de cidadáns e deixa aos usuarios sen opción de conciliación laboral, formativa e, o que é máis grave, sanitaria, en especial para tratamentos oncolóxicos”, afirma con dureza a senadora popular.

Recalca que “son miles de usuarios” aos que afecta a decisión de Puente de suprimir a parada na estación ourensá porque a liña nútrese de viaxeiros doutras comarcas como Monterrei, Viana, Valdeorras, Trives, A Limia e, mesmo, o norte de Portugal.

A senadora do PP fai fincapé en que “esta é unha cuestión de equidade territorial, mobilidade e fixación da poboación”, e afea ao ministro que xustifique a decisión en “a eficacia a de os tempos a Vigo e A Coruña. Do que está preocupada a xente é da impuntualidade continuada e a súa ineficaz xestión do tráfico ferroviario”.

Abandono de Ourense e incoherencia de Sánchez

Destaca a incoherencia de Sánchez que en 2021 asegurou que a liña de alta velocidade de Ourense formaba parte do compromiso do seu Goberno ‘co reto demográfico e a ruptura do illamento’ e vostede di que “non é para vertebrar España”.

Lembra ao ministro Puente que os Fondos europeos que financiaron a liña Madrid-Galicia tiñan como finalidade reducir a disparidade económica entre territorios. “Agora vostede di que o AVE non está para vertebrar España. Seica se utilizaron eses fondos cun obxectivo distinto do solicitado?”, pregunta ao ministro.

Antes de concluír, Rosa María Sánchez Gándara pide ao ministro de Transportes que “rectifique e non condene ao ostracismo ferroviario abandonando á súa sorte a gran parte da provincia de Ourense”.

“Os ourensáns non son cidadáns de segunda nin perdedores, pagan os seus impostos e non poden permitir que se xustifique este prexuízo irreparable sen ningún tipo de solucións alternativas”, reclama a senadora do PP ao ministro.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.