
Os representantes do PP de Ourense comprometéronse a trasladar ás institucións as peticións formuladas polos colectivos asistentes, ademais de mobilizar ao conxunto do partido -cargos públicos e militancia- co fin de que poidan contribuír a atopar canles e fórmulas de colaboración
2, xullo, 2026
Unha representación do Partido Popular de Ourense, encabezada pola secretaria xeral Sandra Quintas, reuniuse na sede provincial do PP cos representantes das asociacións de venezolanos na provincia -Alma Llanera, Cantaclaro e Federación Venezolana de Galicia-, co fin de estudar vías de colaboración para facer chegar a axuda humanitaria que se está a recoller por toda a provincia para os damnificados polos tremores.
No encontro constatáronse as dificultades que atopan as asociacións tanto para manexar o material recollido como para facelo chegar a Venezuela, tendo en conta ademais que as necesidades cambian a medida que pasan os días e que será precisa moita máis axuda durante moitos meses.
Os representantes do PP de Ourense comprometéronse a trasladar ás institucións as peticións formuladas polos colectivos asistentes, ademais de mobilizar ao conxunto do partido -cargos públicos e militancia- co fin de que poidan contribuír a atopar canles e fórmulas de colaboración coa cidadanía venezolana.