
“Hoxe, máis dun ano despois deste compromiso de 50.000 euros, non se fixo ningún avance. As bases seguen sen ser publicadas e os cartos seguen sen chegar á Asociación, que en breves xa se trasladará ao seu novo local”, asegura a portavoz Ana Méndez
Os populares tamén solicitarán que se convoque de inmediato o Consello Municipal de Servizos Sociais, para que as máis de 40 entidades que forman parte deste órgano poidan participar activamente na elaboración e seguimento das políticas de servizos sociais que se implementen en Ourense
Por último, perdirán que as subvencións para entidades sociais se convoquen no primeiro trimestre de cada ano, de maneira que as entidades teñan acceso aos recursos coa antelación necesaria para a súa correcta planificación e execución dos seus proxectos
31, xaneiro, 2025
.No pleno do mes de febreiro o Grupo Municipal Popular instará ao goberno local a cumprir co pago dos 50.000 euros que o goberno local prometeu á Asociación Down o 30 de xaneiro de 2024 tras unha reunión coa Xunta directiva para a reforma do seu novo local, porque o actual quedábaselles pequeno para a atención e necesidades que precisan os usuarios. “Este é un claro reflexo da falta de responsabilidade e compromiso do goberno local cos colectivos máis vulnerables da nosa cidade, especialmente coas entidades sociais que prestan servizos esenciais as persoas que máis o precisan”, asegura a portavoz Ana Méndez.
Tal e como puido coñecer o grupo popular, o goberno local tamén asegurou na reunión que as bases para a convocatoria desa axuda se publicarían durante o verán de 2024. “Hoxe, máis dun ano despois deste compromiso, non se fixo ningún avance. As bases seguen sen ser publicadas e os cartos seguen sen chegar á Asociación, que en breves xa se trasladará ao seu novo local”, lamenta a popular.
Neste senso, os Partido Popular lembra que esta situación non é un caso illado, pois hai entidades sociais que aínda non cobraron as subvencións correspondentes aos anos 2022 e 2023, pese a que se aprobaron por unanimidade modificacións de crédito no salón de pleno para facer o pago destas axudas. “Esto xenera unha profunda incerteza e problemática para as organizacións que dependen destes fondos para levar a cabo a súa labor”, indica a portavoz.
Por outra banda, o PP da cidade tamén solicitará que o goberno local convoque de inmediato o Consello Municipal de Servizos Sociais, para que as máis de 40 entidades que forman parte deste órgano poidan participar activamente na elaboración e seguimento das políticas de servizos sociais que se implementen en Ourense. “É unha demanda que ademáis de ser fundamental no la están pedidindo todas as asociacións porque é unha ferramenta esencial para o diálogo e a cooperación entre as administracións públicas e as organizacións sociais”, asegura Ana Méndez. A última vez que se convocou este consello foi cando o Partido Popular gobernaba.
Por último, os populares perdirán que as subvencións para entidades sociais se convoquen no primeiro trimestre de cada ano, de maneira que as entidades teñan acceso aos recursos coa antelación necesaria para a súa correcta planificación e execución dos seus proxectosde subvencións. “Actualmente convócanse de maneira tardía, o que xera dificultade ás organizacións para planificar as súas actividades e proxectos”, conclúe a portavoz.