O PP de Coles renova a xestora local e amplía a súa representatividade para trasladar á veciñanza unha alternativa real de goberno municipal

O presidente provincial, Luis Menor, puxo en valor a iniciativa dos populares de Coles para recuperar a presenza do partido na vida local, unha participación que, subliñou, “é imprescindible para que a veciñanza vexa ao Partido Popular como unha opción de goberno”

A xestora estará presidida polo portavoz no Concello, Francisco Javier Fernández

6, xullo, 2026

O Partido Popular de Coles vén de renovar a xestora local da formación, nunha nova etapa que se vai caracterizar pola ampliación no número de membros, co fin de gañar en representatividade e trasladar así, desde todos os ámbitos posibles, unha alternativa real de goberno municipal.

O presidente provincial, Luis Menor, puxo en valor a iniciativa dos populares de Coles para recuperar a presenza do partido na vida local, unha participación que, subliñou, “é imprescindible para que a veciñanza vexa ao Partido Popular como unha opción de goberno”.

Transcorridos case vinte anos desde que o PP presidira a Corporación municipal, “temos que retomar o labor político, porta a porta, e conseguir que a xente confíe de novo no noso proxecto”, máxime tendo en conta que o goberno socialista “mostra signos de estar esgotado”. A veciñanza de Coles “merece unha oportunidade de cambio”, engadiu Menor.

Francisco Javier Fernández, o actual portavoz municipal, presidirá esta xestora, na que tamén estarán os concelleiros José Manuel Míguez e Patricia Figueiras, destacando que a metade do equipo, con máis de dez persoas, estará integrado por novas incorporacións.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.