O Grupo Popular instará no vindeiro pleno ao goberno local a apoiar a declaración do 2025 como “Ano Castelao”

Tamén estiman conveniente os populares que se realicen actividades e iniciativas dende o Concello para homenaxear a un dos persoeiros máis coñecidos e recoñecidos por todas as galegas e galegos

3, febreiro, 2025

No pleno do mes de febreiro o Grupo Municipal Popular instará ao goberno local a expresar o seu apoio á declaración do 2025 como Ano Castelao co motivo da conmemoración do 75 aniversario do seu pasamento e como mostra de gratitude do pobo galego a esta importante figura senlleira da nosa cultura e política. “Existe un amplo consenso sobre a necesidade de conmemorar a súa figura e o valor que o pobo galego lle ten outorgado ata o punto de ser escollido como un dos seus símbolos” adianta o edil popular Pepe Araújo.

A grandeza deste persoeiro polifacético xa foi recoñecida en diversas ocasións entre elas, dedicóuselle o segundo ano do Día das Letras Galegas en 1964 e homenaxeado sucesivamente nos 25 e 50 anos da súa morte, así como infinidade de publicacións, actos e iniciativas diversas que se celebran con asiduidade co fin de poñer en valor a vida e obra dun dos nosos persoeiros con maior representación simbólica para o noso pobo.

Con motivo do 75 aniversario do seu pasamento, tal e como lembran os populares, a Xunta de Galicia xa vén de declarar o 2025 como “Ano Castelao” e desde diversos ámbitos institucionais, así como numerosas entidades do tecido socio-cultural galego están a organizar unha ampla programación para enxalzar as importantes achegas deste intelectual galeguista en todos os eidos. “Por iso, estimamos conveniente que desde o Concello de Ourense se leve a cabo un apoio expreso desta iniciativa e se realicen actividades para homenaxear a un dos persoeiros máis coñecidos e recoñecidos por todas as galegas e galegos”, conclúe o concelleiro.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.