
Frente a la inseguridad que genera a los ayuntamientos el Gobierno de Sánchez cambiando las reglas del juego, advierte la portavoz del PP, Patricia Torres, “el Partido Popular opta por la valentía y moviliza recursos para la cooperación municipal y atención a las necesidades de todo tipo de colectivos y asociaciones”, aunque esta decisión había provocado un incumplimiento de la regla del gasto
La portavoz lamenta por otra parte la “inacción” del grupo provincial del PSOE, votando en contra de una moción presentada por el Partido Popular en la que se pedía la mejora de la atención y la integración del colectivo inmigrante de la provincia, cuya situación fue expuesta por Lorenzo González, presidente de la Asociación Ourensana-Venezolana Alma Llanera, uno de los colectivos más numerosos en la provincia
25, abril, 2025
O Partido Popular celebra a “valentía e responsabilidade” do Goberno provincial ao inxectar 10,5 millóns de euros nas contas da Deputación de Ourense co fin de atender as necesidades das entidades locais, “fronte a un Goberno central que bloquea a capacidade de xestión e financiamento dos municipios”, destaca a portavoz do grupo provincial popular, Patricia Torres, que valorou así a aprobación no pleno celebrado hoxe dunha ampla modificación de crédito por importe de 41,5 millóns de euros.
Torres subliña o feito de que a modificación de crédito non obtivera ningún voto en contra, recollendo as palabras do presidente provincial Luis Menor, nas que cualificaba a sesión de hoxe como “un fito histórico”. Unha mostra do “importante traballo que hai detrás, tanto técnico como político, pois tamén hai moita conversa co resto dos grupos da Corporación”.
Fronte á inseguridade que xera aos concellos o Goberno de Sánchez cambiando as regras do xogo, advirte a portavoz do PP, “o Partido Popular opta pola valentía e mobiliza recursos para a cooperación municipal e atención ás necesidades de todo tipo de colectivos e asociacións”, aínda que esta decisión provocara un incumprimento da regra do gasto.
“Deixar gardados 20 millóns de euros non era unha opción cando os nosos concellos teñan moitas necesidades que cubrir”, defende Patricia Torres, que avala a decisión do goberno de Luis Menor “ante situación de estabilidade financeira e débeda cero da Deputación”.
CRITICA Á “INACCIÓN” DOS SOCIALISTAS COA INMIGRACIÓN
Patricia Torres lamenta por outra banda a “inacción” do grupo provincial do PSOE, votando en contra dunha moción presentada polo Partido Popular na que se pedía a mellora da atención e a integración do colectivo inmigrante da provincia, cuxa situación foi exposta por Lorenzo González, presidente da Asociación Ourensá-Venezolana Alma Llanera, un dos colectivos máis numerosos na provincia.
A portavoz popular critica aos socialistas por “desviar a atención” de calquera problema sempre que se fala do Goberno de Sánchez. “Non é de recibo que o Goberno central non axude a un colectivo tan importante como os inmigrantes nas tramitacións administrativas. É unha cuestión de dignidade e precisan un NIE para todo: traballar, alugar unha vivenda ou acceder á sanidade”.
Así, en lugar de posicionarse ao carón de persoas vulnerables, engade Torres, “sempre están de lado de Sánchez e en contra da xente”.