Luis Menor pide á xestora local do PP do Carballiño un “compromiso intenso” para sentar as bases dun “proxecto político ilusionante”

A organización do partido, apuntou o presidente provincial, tamén será beneficiosa para o grupo municipal, “porque os máis de 14.000 habitantes do concello, o segundo con maior poboación da provincia, merecen a nosa máxima atención”

Jaime Pérez asume esta nova responsabilidade cun obxectivo ben definido: “Contribuír a que o PP do Carballiño sexa aínda máis forte”

26, abril, 2025

O presidente do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, pediu aos populares do Carballiño un “compromiso intenso” de traballo que permita sentar as bases dun partido que ofreza “un proxecto político ilusionante” á cidadanía. Luis Menor trasladou esta mensaxe logo de asistir á constitución da xestora local do PP do Carballiño, que preside desde agora Jaime Pérez, logo da aprobación o pasado martes por parte do Comité Executivo provincial da posta en marcha deste órgano provisorio.

O labor de organización do partido, apuntou o presidente provincial, tamén será beneficioso para o grupo municipal, “porque os máis de 14.000 habitantes do concello, o segundo municipio con maior poboación da provincia, merecen a nosa máxima atención”.

Para pilotar esta nova etapa, engadiu Menor, “confiamos o traballo a un home con ampla experiencia no partido, mesmo no labor municipal”, que contará cun numeroso equipo “ao que lle pide apoio absoluto para afianzar a nosas siglas”.

Pola súa bande, Jaime Pérez asume esta nova responsabilidade cun obxectivo ben definido: “Contribuír a que o PP do Carballiño sexa aínda máis forte”. Baixo esta premisa vai procurar a incorporación de máis cidadáns e consolidar o partido.

Cunha traxectoria profesional vinculada ao mundo da empresa, Jaime Pérez Álvarez (O Carballiño, 1975) pertence á agrupación local dos popular desde hai 15 anos, aínda que con anterioridade xa fora concelleiro no mandato 2003-2007.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.