
10, setembro, 2025
A secretaria xeral do PPdeOU, Sandra Quintas, e a portavoz provincial popular, Patricia Torres, mantiveron unha reunión con representantes da asociación profesional “Justicia Guardia Civil” (Jucil), na que abordaron entre outros asuntos o déficit de axentes e o peche de cuarteis na provincia de Ourense que están a provocar o desmentelamento da seguridade no mundo rural, situación que vén denunciando o Partido Popular ourensán en múltiples iniciativas.
As representantes populares tamén escoitaron as explicacións dos membros de Jucil sobre o déficit de medios e efectivos que afectan á chamada “España baleirada” e os incendios, ademais de reivindicacións no referido ás circunstancias laborais dos gardas civís