Os deputados do PP de Ourense reclaman a RENFE e ao Ministerio de Transportes a recuperación en xaneiro de 2026 das paradas do AVE suprimidas na Gudiña

Diante dunhas recentes declaracións de Óscar Puente sobre un próximo anuncio de recuperación das paradas suprimidas en Sanabria mediante a implantación dunha nova frecuencia matinal desde Lugo,  Celso Delgado afirma que “esa solución deberá beneficiar tamén a estación ourensá da Gudiña, onde toman os trens miles de usuarios das comarcas ourensás de Monterrei, Viana, Valdeorras, Trives, Conso-Frieiras, e A Limia; a máis diso viaxeiros das comarcas fronteirizas de Portugal”

19, decembro, 2025

Os deputados do Partido Popular no Congreso pola provincia de Ourense, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, veñen de rexistrar unha nova pregunta por parlamentaria, que dí así:

“Quedan poucos días para finalizar 2025 e segue sen producirse ningunha rectificación por parte de RENFE e do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible (MITMS) da inxusta decisión tomada o 9 de xuño de suprimir paradas dos trens AVE na estación Porta de Galicia da Gudiña. Desde aquela data os miles de usuarios desa estación non teñen máis alternativa matinal para viaxar a Madrid que tomar un AVLO ás 12:08 que chega á capital ás 14:08. E se queren regresar o mesmo día o último tren sae ás 18:06 para chegar á Gudiña ás 20:02.

Un auténtico disparate de horarios, irracionais, inútiles e discriminatorios para os habitantes do medio rural, pois antes do do 9 de xuño, os usuarios da estación da terminal Porta de Galicia así como os de Sanabria podían subirse a un tren AVE e chegar a Madrid ás 10:34 horas e así podían realizar actividades na capital por exemplo tratamentos médicos, consultas actividades administrativas, empresariais, formativas etc. ou ben por exemplo transbordar a trens con destino a outros corredores ferroviarios ou tomar un avión en Barajas.

O ministro de Transportes e Movilidad Sostible, Óscar Puente, o 14 de decembro foi entrevistado no “Diario de Valladolid-El Mundo” respondendo tamén a preguntas sobre unha futura solución á supresión de paradas de AVE na estación de Sanabria.

O ministro seguiu co seu discurso triunfalista de que tras a supresión de dúas paradas hai un 30% máis de persoas que soben e baixan nesta estación, pero engadiu que “con todo, nós temos agora que adoptar, facer algún cambio nas comunicacións con Lugo e iso vainos a servir probablemente, e algo que anunciaremos en breve, para poder poñer unha frecuencia pronto pola mañá, sobre todo de comunicación vía alta velocidade con Zamora, que é o que máis reclaman, porque din que esa frecuencia é a que máis se utilizaba para ir ao médico, as xestións que tiña que facer a xente en Zamora, e tamén vai servir para conectar con outros servizos de alta velocidade”. E preguntado polo xornalista sobre se se refería a un tren Avant Ourense-Zamora, respondeu que:” Eu o termo Avant preferiría non utilizalo, porque o Avant ten unhas connotacións de obrigación de servizo público que non se se imos ter marxe para utilizar. Pero si que estamos a traballar nesa conexión que ao final o que fará será devolverlle a Sanabria as oito frecuencias día que tiña. Iso é no que no que estamos a traballar.”

É evidente que se finalmente RENFE e o MITMS rectifican, será pola enorme presión exercida polas plataformas de usuarios e polos representantes políticos e sociais das comarcas que utilizan as estacións intermedias do corredor ferroviario de alta velocidade Galicia-Madrid e moi especialmente os da estación de alta velocidade da Gudiña-Porta de Galicia e de Sanabria.

E en consecuencia a recuperación das paradas suprimidas, de producirse mediante a implantación dunha nova frecuencia desde Lugo ou por medio doutra fórmula, deberá beneficiar tamén á estación ourensá da Gudiña onde toman os trens miles de usuarios das comarcas ourensás de Monterrei, Viana, Valdeorras, Trives, Conso-Frieiras, e A Limia; a máis diso viaxeiros das comarcas fronteirizas de Portugal.

Por todo o anterior preguntamos: ¿Rectificará RENFE e o MITMS a inxusta decisión de suprimir desde o 9 de xuño as paradas de trens nas estacións intermedias do corredor ferroviario de alta velocidade Galicia-Madrid e moi especialmente na estación de alta velocidade da Gudiña-Porta de Galicia e en consecuencia procederá a restablecer en xaneiro de 2026 as frecuencias eliminadas?

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.