Mariano Rajoy visita Ourense “demostrando a súa vinculación e lealdade coa nosa terra”, afirma Luis Menor

O presidente de honra do PPdeG Mariano Rajoy saudou e conversou cos moitos cidadáns que se achegaron a el, sorprendidos coa súa presenza na cidade

9, novembro, 2026

O presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, visitou esta mañá Ourense, onde tivo a oportunidade de percorrer ás rúas da cidade acompañado polo presidente provincial popular, Luis Menor, candidatos ao Congreso e ao Senado, a presidenta da Xunta Xestora do PP local e candidata á Alcaldía, Ana Méndez, e membros da dirección do partido.

Mariano Rajoy saudou e conversou cos moitos cidadáns que se achegaron a el, sorprendidos coa súa presenza na cidade. Desde Ourense, dixo Rajoy ao despedirse, “aspiramos a liderar o cambio necesario porque non podemos seguir así”.

Tamén ao remate da visita, Luis Menor cualificou a Mariano Rajoy como “un dos grandes activos que ten o Partido Popular de Ourense”, poñendo en valor a súa lealdade e vinculación coa nosa terra, “demostrando ao longo do tempo que a provincia é unha prioridade na súa axenda política”, en referencia “ao apoio constante no territorio sendo presidente do Goberno e tamén na súa etapa como expresidente”.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.