Luis Menor avanza como reto para 2025 un “amplo período congresual” do PP de Ourense e agradece a “implicación e compromiso” da militancia

Na Xunta Directiva Provincial celebrada esta tarde, o presidente provincial mostrouse “especialmente orgulloso” polo traballo realizado no 2024, que vinculou ao centenar de novos afiliados inscritos desde o congreso provincial celebrado en xullo

Aprobouse a constitución dunha xestora na agrupación de Barbadás, órgano provisorio que estará encabezado por José Manuel Freire Couto ata a celebración do congreso local

17, decembro, 2024

O Partido Popular de Ourense afrontará en 2025 un “amplo período congresual” para consolidar as agrupacións locais da provincia e tamén da cidade de Ourense. Así o avanzou o presidente provincial, Luis Menor, no transcurso da súa intervención ante a Xunta Directiva Provincial celebrada esta tarde na sede principal.

Luis Menor incidiu na “estabilidade e coordinación” que as agrupacións locais confiren ao PP no territorio, polo que a súa organización, dixo, é clave no traballo político. Neste contexto, a Xunta Directiva aprobou a constitución dunha xestora na agrupación de Barbadás, órgano provisorio que estará encabezado por José Manuel Freire Couto ata a celebración do congreso local. 
Este proceso, engadiu, permitirá “configurar os mellores equipos” coa vista posta nas municipais de 2027, para conseguir á súa vez a máis ampla representación na provincia para que “o PP siga a ter a bandeira da reivindicación en Ourense”.

CAPACIDADE DE MOBILIZACIÓN

O presidente provincial mostrouse “especialmente orgulloso” polo traballo realizado no 2024, onde o partido foi quen de demostrar que non hai nesta provincia formación política algunha “que teña a nosa capacidade de mobilización”.
Demostracións de unidade e fortaleza, lembrou, que quedaron reflectidas en convocatorias tales como o multitudinario mitin das autonómicas que encheu a cancha central do pavillón dos Remedios, o magosto da cidade ou, máis recentemente, o medio millar de militantes que acudiron á cea de Nadal do partido.

Unha “implicación e compromiso da militancia”, subliñou, que agora verase aumentada logo da incorporación dun cento de afiliados desde o congreso provincial de xullo, “o que demostra que a xente confía no noso traballo”.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.