Constituída a xestora local do Partido Popular de Allariz, presidida por José Benito Grande

A sede do Partido Popular de Allariz acolleu a constitución da xestora da agrupación local, que preside José Benito Grande, quen estará acompañado inicialmente por un equipo de cinco persoas. Un acto que contou coa presenza do presidente provincial popular, Luis Menor, e da secretaria xeral, Sandra Quintas.

12, xuño, 2025

Luis Menor explicou aos asistentes que esta xestora enmárcase nun intenso traballo para actualizar e ampliar a vida orgánica do partido. Un  labor de “moita responsabilidade e moito compromiso” coa vista posta nas eleccións locais de 2027.

Neste sentido pediu aos membros da xestora que traballen nun modelo propio de concello, falando coa xente e recollendo as súas inquedanzas. Engadiu ademais a necesidade de ampliar equipo buscando a persoas que desexen sumarse a ese proxecto para Allariz.

José Benito Grande, que agradeceu as palabras de Luis Menor, afirmou que desde a nova xestora traballarán con total compromiso por deseñar ese modelo propio de concello co mellor equipo: “Faremos todo o posible para que sexa posible un goberno do PP en Allariz”.

Os presidentes provincial e local tiveron palabras para Luz Doporto, ata o momento presidenta da agrupación local, agradecéndolle o labor realizado e contando co seu traballo de apoio ao partido.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.