O PP demanda que o Concello de Ourense poña en marcha medidas urxentes para protexer aos colectivos máis vulnerables

“As temperaturas extremas deixaron de ser un feito puntual. Cada verán vemos como os termómetros soben máis e durante máis días, e isto ten consecuencias directas sobre a saúde, especialmente nos maiores, nos nenos, nas persoas con enfermidades crónicas ou sen fogar”, explica a edil Inma Moreiras

Entre as medidas urxentes que reclama o PP destacan a instalación de máis fontes públicas, o reparto de augaen puntos estratéxicos da cidadedurante os días de alerta por calor, o acondicionamento das galerías comerciais ou centros cívicos como refuxios climáticos e a instalaciónde elementos textiles, principalmente nas rúas peonís

Por suposto, son iniciativas que deben levarse a cabo mentres non se realizan os cambios estructurais necesarios e urxentes na nosa cidade. “Ourense necesita unha estratexia integral de adaptación climática seria, que inclúa máis infraestrutura verde, maior diversidade urbana, xardíns verticais e mapas climáticos e unha maior diversidade urbana”, insiste a popular.

11, xuño, 2025

O Grupo Municipal Popular demanda que o Concello de Ourense poña en marcha un conxunto de medidas urxentes para protexer aos colectivos máis vulnerables ante a subida dos termómetros e a chegada das altas temperaturas.

A concelleira Inma Moreiras lembra que xa no pleno de maio de 2024 o PP levou unha moción solicitando a elaboración dun Plan de actuación co obxectivo de facer fronte ás altas temperaturas e minimizar o impacto do calor, unha ferramenta imprescindible para protexer a saúde da poboación, principalmente aos grupos máis vulnerables.

“As temperaturas extremas deixaron de ser un feito puntual. Cada verán vemos como os termómetros soben máis e durante máis días, e isto ten consecuencias directas sobre a saúde, especialmente nos maiores, nos nenos, nas persoas con enfermidades crónicas ou sen fogar”, explica a edil.

Entre as medidas urxentes que reclama o PP destacan a instalación de máis fontes públicas, non só nos parques, senón tamén ao longo de zonas moi transitadas como o Paseo do Barbaña ou a zona das Ninfas, onde moitos veciños practican exercicio físico. Así mesmo, solicítase que, durante os días de alerta por calor, se realice un reparto de auga en puntos estratéxicos da cidade, con especial atención ás persoas que se atopen na vía pública sen acceso a recursos básicos nas horas de maior incidencia solar.

Outra das actuacións propostas é a activación de refuxios climáticos, acondicionando para iso espazos como as galerías comerciais ou centros cívicos, onde a veciñanza poida atopar un respiro da calor. Ademais de activar instalacións deportivas como refuxios que favorezan a práctica deportiva.

Entre as medidas a curto prazo para iniciar unha transformación progresiva da cidade, o grupo municipal propón a instalación de elementos textiles, principalmente nas rúas peonís, xerando itinerarios peonís sombreados.

 “Son medidas que moitas cidades xa teñen implantadas e que responden ao sentido común. Non podemos permitirnos quedar atrás mentres o cambio climático xa está afectando directamente á calidade de vida da xente”, asegura a concelleira.

Por suposto, son iniciativas que deben levarse a cabo mentres non se realizan cambios estruturais necesarios e urxentes na nosa cidade. “Ourense necesita unha estratexia integral de adaptación climática seria, que inclúa máis infraestrutura verde, maior diversidade urbana, xardíns verticais e mapas climáticos”, insiste a popular.

“O noso compromiso é coa veciñanza e co futuro da cidade. Un futuro no que Ourense debe estar preparada para coidar da saúde da súa veciñanza”, conclúe Inma Moreiras.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.