Actualidade

este artigo

Nova portada ás xustas demandas dos usuarios do ferrocarril: o ministro Óscar Puente volve negarse a recuperar as paradas do AVE na Gudiña

O ministro de Transportes que en decembro de 2025 afirmou que a principios de 2026 se recuperarian as paradas suprimidas na Gudiña e Sanabria mediante a implantación dunha nova frecuencia matinal desde Lugo, agora  limítase a dicir que “Se se detecta que a oferta non se axusta ás necesidades dos […]

Os deputados do PPdeOU denuncian que o Goberno despois de 52 meses non finalizou a redacción do proxecto de reordenación de accesos na N-525, en Ribela (Coles)

“Non imos consentir que o Ministerio de Transportes abandone a execución dun proxecto tan necesario para garantir a seguridade viaria”, afirma o deputado Celso Delgado 21, febreiro, 2026 Os  deputados populares ourensáns no Congreso, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, rexistraron o pasado 3 de decembro de 2025 estas […]

O PP proclama as cinco candidaturas que optarán á presidencia das agrupacións locais de Larouco, Xunqueira de Espadanedo, Lobeira, Lobios e Muíños

A comisión organizadora dos congresos acordou nomear a Patricia Lamela como candidata en Larouco; Pablo Graña en Xunqueira de Espadanedo; María del Carmen Yáñez en Lobios; Antonio Iglesias en Lobeira; e Israel León en Muíños Os aspirantes á dirección popular nas respectivas agrupacións poderán desenvolver a campaña electoral interna ata […]

O Goberno elude responder sobre os controis de seguridade nas obras do AVE e limítase a repetir que “se cumpre a lei”

O Executivo non concreta nin os mecanismos específicos de prevención nin o número e periodicidade das inspeccións laborais en Galicia e Ourense, a pesar da reiteración de accidentes mortais, tal e como alertan os senadores galegos e da provincial de Ourense, indica Rosa Sánchez Gándara 19, febreiro, 2026 O Goberno […]

O Grupo Provincial Popular presenta unha iniciativa para impulsar o termalismo terapéutico como recurso sanitario estratéxico

A proposta dos populares pretende que se elimine a equiparación das actividades balnearias con actividades de lecer, tal e como establece a lei actual, e que se abra a porta á incorporación progresiva das terapias balnearias á carteira nacional de servizos sanitarios, ademais da comunidade autónoma 18, febreiro, 2026 O […]

Os deputados do PP de Ourense demandan ao Goberno de Sánchez explicacións sobre o intolerable abandono e os enormes atrasos dos tramos da autovía Ourense-Lugo A-56

Denuncian que 42 meses despois o Ministerio de Transportes segue sen licitar o novo contrato para redactar o proxecto do tramo Sanmartiño-Cambeo Ademais, a redacción do proxecto de construción do tramo A Casilla-Cambeo leva 34 meses de atraso “Non imos consentir que o Goberno deixe sen licitar as obras do […]

Os deputados do PP de Ourense demandan ao Goberno explicacións sobre as causas e duración das limitacións temporais de velocidade máxima na rede ferroviaria que atravesa a provincia

Celso Delgado lembra que en aras a recuperar  a seguridade, a fiabilidade e a transparencia do sistema ferroviario, o Goberno debe cumprir a Disposición Adicional trixésima da Lei de Mobilidade Sostible, impulsada polo Grupo Parlamentario Popular que establece obrigacións claras e prazos concretos para que ADIF e Renfe fagan fronte […]

O PP de Ourense condena os actos vandálicos na súa sede provincial e denuncia o clima de confrontación que se pretende xerar atacando aos espazos de representación política

Ante a pegada de carteis rexistrada na súa fachada a pasada noite, o Partido Popular fai un chamamento á responsabilidade e ao civismo, lembrando que a liberdade de expresión ten múltiples canles para expresarse, “pero xamais pode ser atacando as sedes dos adversarios políticos” 2, febreiro, 2026 O Partido Popular […]