José Antonio Cerdeira asume o liderado da xestora local do Partido Popular do Carballiño

O relevo produciuse nunha reunión á que asistiu o presidente do PP de Ourense, Luis Menor, que pediu ao novo presidente dos populares carballiñeses que manteña o partido “plenamente activo e mobilizado, agora que entramos na recta final do mandato local”

En substitución de Jaime Pérez, que dá o relevo por motivos persoais

Cerdeira, que chegou a presidir as Novas Xeracións locais e sempre estivo na militancia do partido, afirmou que aínda que se produce esta substitución na xestora, “os obxectivos seguen sendo os mesmos”: dar continuidade ao traballo realizado para contribuír a que o PP do Carballiño “sexa aínda máis forte”

21, maio, 2026

José Antonio Cerdeira é o novo presidente da xestora do Partido Popular do Carballiño, asumindo o liderado local dos populares en substitución de Jaime Pérez, quen presidiu este órgano desde a súa constitución, hai un ano. O relevo produciuse nunha reunión á que asistiu o presidente do PP de Ourense, Luis Menor, acompañado pola secretaria xeral, Sandra Quintas, e membros da dirección provincial.

O líder provincial pediu ao novo presidente dos populares carballiñeses que manteña o partido “plenamente activo e mobilizado, agora que entramos na recta final do mandato local”. Incidiu Luis Menor en que a organización do partido tamén será beneficiosa para o grupo municipal, lembrando que un concello con máis de 14.000 habitantes, o segundo maior da provincia, “esixe a máxima concentración para ofrecer un proxecto político que atenda as necesidades da veciñanza”.

Ademais, Luis Menor trasladou o seu agradecemento a Jaime Pérez polo seu compromiso e o labor realizado desde a posta en marcha da xestora local.

Pola súa banda, o novo presidente da xestora, José Antonio Cerdeira -coñecedor do mundo local pola súa condición de secretario municipal-, manifestou que asume este reto coa máxima ilusión e responsabilidade.

Cerdeira, que chegou a presidir as Novas Xeracións locais e sempre estivo na militancia do partido, explicou que, aínda que se produce esta substitución na presidencia da xestora, “os obxectivos seguen sendo os mesmos”. Neste sentido, o novo responsable local reafirmou o seu compromiso de dar continuidade ao traballo realizado para “contribuír a que o PP do Carballiño sexa aínda máis forte”, buscando a incorporación de máis cidadáns e a consolidación do partido no municipio.

Política de cookies

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 22. 2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a presente política de cookies ten como finalidade informar de maneira clara e precisa acerca das cookies utilizadas na web do PARTIDO POPULAR DE OURENSE (https://www.ppou.es), e de como poden xestionarse. LER MÁIS

 

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento básico del sitio web y no pueden desactivarse en nuestros sistemas. Puedes configurar tu navegador para bloquearlas, pero algunas partes del sitio podrían no funcionar correctamente. Más información en política de cookies.