
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o presidente provincial do PPdeOU, Luis Menor, acompañaron esta tarde á militancia e simpatizantes do PP de Xinzo de Limia no multitudinario magosto organizado no campo da feira do Toural, cita festiva na que tamén participaron a vicepresidenta e a secretaria xeral dos populares ourensáns, Marta Novoa e Sandra Quintas, e a presidenta da xestora local, Cristina Campero.
21, novembro, 2025
Paula Prado expresou a súa satisfacción “por comprobar a capacidade de mobilización do PP de Xinzo de Limia”, que demostra mediante esta convocatoria ser un partido “forte e consolidado”. Xuntanzas deste tipo, engadiu, dan unha imaxe moi aproximada do momento polo que atravesa o partido, “e unha tradición como os magostos permíteme comprobar por numerosos recunchos de Galicia que as nosas siglas concitan a confianza á cidadanía galega”.
Pola súa banda, Luis Menor afirmou que “aquí mesmo, en Xinzo de Limia, o Partido Popular de Ourense colle forzas para afrontar calquera proceso electoral que se convoque”, subliñando a capacidade do PP para crear gobernos estables, sen medo ao diálogo e que que velen polo interese xeral sen discriminación”.
Cristina Campero agradeceu a Paula Prado e Luis Menor a súa presenza no magosto do PP antelán, “unha importante demostración de apoio á militancia e simpatizantes e de proximidade á veciñanza”.